Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Testosterona

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..

Galego

Run Baby Run

Escrita por Fátima Delgado e dirixida por Jana Pacheco, “Run baby run” está inspirada nos casos dalgunhas atletas que sufriron discriminación de xénero dentro do deporte por ter unhas condicións biolóxicas diferentes para o estándar feminino. Unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar por cumprir o teu soño estando en xogo o traizoar os teus propios principios e renunciar ao teu verdadeiro ser.

Galego

Rebovina Divas Live

DE VACAS ten novo espectáculo.

Visten a escena e sácanlle o po as súas mellores galas para a ocasión.

Flúor, licra e mechas de cores.

Acompañadas dunha iluminación que non ten nada que envexarlle a París, nin a Vigo.

Abren os seus diarios e confesan os seus segredos máis íntimos, rebobinando na historia da infancia cara os momentos máis luminosos. Bailan os éxitos das súas vidas ao ritmo de petaceta co cú sentado nas cadeiras, e potencian a teatralidade, servíndose de novos elementos escenográficos.

Galego

Non é unha canción

David e María, vestidas para ir de vacacións, preséntanos o espectáculo que imos ver.
Non é unha canción, pero é algo parecido.
Algo pasa entre elas, pero non é posible entender o que.
Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido.
Algo raro lle sucede ao espazo, ou está o espazo a facer algo raro con David e María?
Non é un espectáculo, pero é algo parecido.

 

Grazas de antemán, quedamos dispoñibles para o que poda xurdir.

Galego

Músicas y silencios

Músicas e Silencios pretende realizar unha proposta orixinal que acolle varias reivindicacións históricas. Por unha banda, a presentación dun instrumento como o contrabaixo moi pouco utilizado como solista e en música de cámara con piano en concertos e cuxo repertorio se cre moi limitado, e por outro superar a exclusión das mulleres do repertorio de obras para contrabaixo e piano.

Galego

Mermelhada

No país das fadas, onde todo é fermoso, marabilloso e fabuloso, vive unha pequena fada chamada Mermelhada. Mermelhada é un fada moi bondadosa e voa por alí e por alá buscando a ocasión de facer unha boa acción. Pero cada vez que quere facer o ben lle sae mal... Desencantada coa súa condición de fada, pide a unha anciá bruxa que lle ensine algúns segredos de sabedoría ancestral. Aínda que unha milenaria rivalidade enfronta fadas e bruxas, a anciá acepta. Aos poucos vai creándose un vínculo moi especial entre mestra e alumna.

Galego

Eu, Fraude!

"Eu, Fraude" é o lugar de encontro entre a poesía, a canción e o escénico que nos impulsa, en forma de viaxe emocional e con visión positiva e esperanzadora, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demáis.

É, claramente, unha historia de amor propio.

Cancións, poemas e textos de composición orixinal conforman un espectáculo co que presentarse con frescura e singularidade dentro do sistema teatral galego.

Galego

Latas

Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen máis obxectivo que desafiar ao aburrimento. Coñécense tanto que non necesitan falar. Habitan un mundo no que pasou algo, pero non sabemos o que. Buscan dentro de latas un pouco diso, que ao compartirse multiplícase. Unha invitación para xogar indiferentes a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo, e outro nunha terra sen tempo.

Galego

Los perros

Intépretes: Jon López e Martxel Rodriguez.

Cando o tempo deixa de ser pasado e deixa de ser futuro. Cando o presente cáesenos encima. E vivimos o presente coa intensidade dunha chama que nos arde dentro, como dous seres que se aman e que arden no aquelarre da noite.

Dous seres que bailan para sobrevivir a este tempo convulso e cambiante. Unha chama que arde baixo os nosos pés, nun chan que se abre e péchase, como un gran animal que respira fondo, un animal que desexa ladrar, que desexa gritar, que desexa correr.

Galego

Donas

Donas é unha poesía corporeizada, unha alegoría aos aspectos femininos da existencia encarnados no corpo da muller, un camiño en feminino que recolle as voces ancestrais e as ilumina no presente. Fala de facernos capitanas das nosas vidas, da ciclicidade, da vida e da morte, de sexualidade, de fondas feridas interxeracionais, de manifestos, de loita, de sororidade e de amor, sobre todo de amor.

É unha creación sostida pola trascendencia, que navega polo simbólico dando voz aos ecos do subconsciente feminino.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios