Pequeno Cabarét Infantil
Autor: Nelson Quinteiro Roia
Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

