Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

As fillas bravas de Momán

As funcións faranse en ligua oral galega e lingua se signos (LSE), coa participación en escena de dúas intérpretes en lingua de signos.

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Galego

Amantis

AMANTIS conta a historia de M. Un rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser.

A peza explora a brecha xeracional entre nativas/os e non nativos/as dixitais, tentando comprender como inflúen as Redes Sociais, o selfie e o sexting na formación da identidade propia e nas relacións interpersoais.

Galego

BACKUP. A Resurrección de Nuno

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo felecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Galego

A Queima da fachada

UN ESPECTACULO ONDE SE COMBINAN DE FORMA MAXISTRAL RUTINAS DE LUME, CON ACROBACIA, E DANDOLLE MOITA IMPORTARCIA AS LUCES E A PIROTECNIA FRIA. PURO DINAMISMO E ACCIÓN DURANTE TODO O ESPECTÁCULO. IDEAL PARA TÓDOLOS PUBLICOS.

Galego

A meiga da fonte

Silva vive nunha fonte da Coruña que concede desexos á xente de bo corazón que

bebe dela. Cada ano a fada Pupeiriña, cuxo maior desexo é ser a primeira fada

influencer, axúdaa a conxurar un meigallo que permite que a fonte continúe a ter

poderes. Non obstante o malvado Lambirón envelena a auga e secuestra a Silva. Pupeiriña,

coa axuda do Diantre e dos nosos espectadores, terá que reunir todos os

ingredientes do meigallo e atopar a Silva antes da medianoite para executar o

conxuro e salvar a fonte.

 

Galego

30 anos cantando con Migallas

Migallas Teatro celebra os 30 anos facendo e cantando música infantil en galego cun divertido e variado concerto para público familiar. Nesta ocasión, conta con músicos de recoñecido prestixio e traxectoria como Xaquín Xesteira e Anxo Xesteira, de Treixadura, e Borja Garcíae Isi Baúlo, que acompañarán a María Campose a Carlos Yusno escenario.

Galego

Monstros no camiño

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non... Percorrerán unha chea de personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende, Drácula, Lobisome... até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos...

Galego

A parábola do angazo

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo asombroso: o rapaz esquecera a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. De volta na casa non facía senón preguntar:

-Mi padre: como se llama esto?

O pai, molesto ante ese fillo desleigado e farto de tanta pregunta parva, cando o mozo preguntou de novo ao atopar no chan da eira tan "exótica" ferramenta, "Mi padre:¿ y esto como se llama?", respondeulle:

-Ponlle enriba o pé xa verás como cho di el mesmo.

Galego

Só.

Un personaje obsesivo, cuadriculado y meticuloso. Un ser único en su especie rodeado de un sin fin de cajas que escapan a su control y con las que juega para dar forma a su mundo. Del caos surge un universo delirante donde inventa la risa, creando una locura cómica y transformándose en un nuevo ser con una nueva figura.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios