Cacho animalada
CACHO ANIMALADA é unha sesión de narración oral e música para público infantil.
A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra e voz do multifacético Luis Iglesias. A tradición oral, o humor, o rock e a alegría fan cordada cun feixe de animais e animaladas pensadas para gozar en familia. Un espectáculo fresco e despreocupado para recargar enerxías.
ANIMALADA - substantivo feminino
1 Feito ou dito irracional ou brutal dunha persoa.
Fai tantas animaladas coa guitarra que calquera día leva un dedo. >SINÓNIMOS bestialidade, brutalidade

