Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Terra Nosa

Falar da terra  é falar dos costumes, da lingua, das raíces... e de cancións, das nosas cancións.

Neste espectáculo recopilamos algunhas das cancións máis coñecidas da nosa tradición oral e popular, dándolles unha nova visión, máis minimalista e íntima: unha voz e o son do piano.

Buscamos, deste xeito, achegar a nosa tradición, as nosas raíces, ás novas xeracións cun aire renovado, aportando así o noso granciño de area na difusión da lingua e cultura galega. 

Galego

Odaiko Familiar

​Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xog​ar co efecto sorpresa son a​s claves deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico ​e familiar ​que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que ​a senda ​da creación continúe ​a medrar.

Galego

Escenas na Noite

Escenas na noite é unha proposta cultural pensada para transformar un espazo ao aire libre nun lugar de encontro arredor das historias e da emoción compartida. Ao caer a noite, o público reúnese para gozar dunha velada escénica baixo o ceo aberto, onde a imaxinación e a atmosfera nocturna crean un ambiente especial.

Galego

Levaino!

LEVAINO! exhórtanos a facer unha viaxe pouco coñecida que parte do Mediterráneo Oriental e remata en Galicia, presentado os vínculos que unen ambas tradicións orais.
Xurxo Fernandes, investigador de ambas culturas e a través dunha sonoridade sorprendente, mergúllanos nunha paisaxe sonora que envolve os arcaicos sons da Galicia máis primitiva co máis suxerente exotismo oriental.

Galego

Enredos

Non sempre é fácil encaixar. É o primeiro día na fábrica, unha vella factoría que acaba de herdar do seu avó e que xa viviu épocas mellores. Coa ilusión do primeiro comeza a súa xornada, pero pronto se dá de conta que as instalacións necesitan algo máis que uns amaños.
A maquinaria oxidada, os engrenaxes desaxustados, as estruturas inestábeis, convértense no escenario perfecto para un sinfín de torpezas e inesperadas habilidades. 
Nun mundo dominado polas máquinas a arte do circo emerxe como unha forma de rebelión e liberdade.
 

Galego

Hoxe si!

Hoxe é o día. Hoxe ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “soños pendentes por cumprir". Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para mañá.

Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a gozar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente.

Galego

Marabijoshua

Joshua Kenneth é un artista internacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia. A súa maxia foi galardoada en importantes competicións de Portugal, España e Italia, gañando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.

En 2023 gañou en Madrid o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español. Obtivo o premio cun número chamado O soño do avaro onde consegue que as pompas de xabón se convertan en moedas e billetes.

Galego

Estremonías da silva 

A silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades.

Ao seu abeiro créase un hábitat moi singular e unha terra fértil ideal para o cultivo. Resulta paradóxico que unha planta que produce tanta aversión regale uns froitos tan exuberantes e deliciosos... As amoras. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño