A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Pulpiño Viascón e o seu acordeón presentan un novo show de música itinerante para pasarrúas con ritmos de muiñeira africanos, ska, cha cha cha, e xotas, cun equipo de son portátil e máquina de pompas, ademais dunha potente voz microfonada, a alegría e o baile están asegurados con A Trikidisco.
Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.
Contos e cancións de tradición oral para crianzas que beben da nosa herdanza cultural e cos que semento as leiriñas das familias para que medren vizosas.
Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán da Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo clown. Nel oscilará desde a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control.
A naturalidade e o xeito deste personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada.
Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán de la Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo Clown. Nel oscilará dende a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control…
A naturalidade e o saleiro desta personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada.
Os Ourizos, o musical é unha obra de teatro musical (con música pregrabada) de monicreques (bocones, de pau e de guante) dirixida a un público familiar e infantil.
A peza trata temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, ás súas paisaxes e ao ecoloxismo. A música, composta especialmente para o espectáculo, inclúe temas de rock, pop e rap, achegando así á rapazada diferentes xéneros musicais.
Unha historia que fala de como a amizade pode axudar a superar os obstáculos da vida.
Reino de fogo e xeo é un espectáculo familiar que mergulla ao público nun universo fantástico habitado por personaxes máxicos e princesas de xeo que cobran vida sobre o escenario. A danza dinámica, os efectos de lume controlado e os momentos de interacción directa co público constrúen unha montaxe visual chea de ritmo e cor. O contraste entre os elementos de frío e calor crea unha estética sorprendente que transforma o espazo nun mundo de fantasía. Unha proposta participativa e de grande atractivo visual, pensada para facer soñar e gozar en familia.
O Museo Encantado é un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e desfrutar con total seguridade e sen aglomeracións.
Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico.
- Unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia.
- Unha cabina de teléfono londiniense , na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través de un vello teléfono.
Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak, acompañada de pequenos contos monstruosos:
Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.
Os príncipes azuis son un invento moderno. Antes de que os Grimm, Perrault, Andersen e demais familia botasen sucre neses contos, as mozas pelexaban cos dragóns, Isolda valíase sen Tristán, a Bela Durminte tiña a súa persoal opinión sobre o príncipe, as nenas defendíase dos ogros... Por que mudaron os contos? Non o sei. Sei como eran antes da mudanza, e eran ben simpáticos.