Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Eran elas!

Os príncipes azuis son un invento moderno. Antes de que os Grimm, Perrault, Andersen e demais familia botasen sucre neses contos, as mozas pelexaban cos dragóns, Isolda valíase sen Tristán, a Bela Durminte tiña a súa persoal opinión sobre o príncipe, as nenas defendíase dos ogros... Por que mudaron os contos? Non o sei. Sei como eran antes da mudanza, e eran ben simpáticos.

Galego

Unha noite no muíño

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, as colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer, ... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

Galego

O Show de Fifo

Fifo non sabe se vive nun soño ou se sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo, coa axuda dos nenos, vai descubrir, a través de xogos, de bailes, de gags e de risas, se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar.

Espectáculo de interacción constante co público, de maneira directa e de xeito indirecto.

Se tes un soño vén cumplilo... e se tes sono ven durmilo!!

Galego

Orille!

Como facer un trámite administrativo pode ser unha traxedia... e convertilo en comedia! Durante unha viaxe que prometía ser moi tranquila de Santiago a Baños de Molgas, a Pepo Suevos cruzóuselle o destino... e ía vestido de verde!!! A xornada sería para esquecela, se non fose porque supuxo un cambio na vida do pobre Pepo, que aquel día foi o peor inimigo da Garda Civil e das normas de tráfico, pero hoxe pode contalo sen botarse a chorar. Iso xa o fará o público... pero da risa.

Galego

Gaiferos polo camiño a Compostela

"A onde irá meu romeiro
Meu romeiro onde irá?
Camiño de Compostela
Non sei si alí chegara"

E vai ser difícil porque o noso peregrino protagonista vai ter que enfrontarse a moitas perigosas tentacións do mal, en forma de serpes enganadoras, trasnos que ofrecen tesouros, danzarinas á luz das estrelas ou diaños disfrazados de bos veciños. Todos queren tentar a Gaiferos para apartalo do seu camiño a Compostela!

Galego

Gran gala de circo de Pistacatro

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

Museo Máxico 

Museo Máxico é un espectáculo de maxia teatralizado que convida o público a percorrer un museo moi especial onde os cadros, os obxectos e as historias cobran vida. Ao longo do espectáculo, o público descubrirá a historia e o legado de grandes meigos que marcaron a arte do ilusionismo, mentres a maxia sucede diante dos seus propios ollos.
Cunha posta en escena coidada, humor, participación do público e sorprendentes efectos de maxia, Museo Máxico convértese nunha experiencia cultural e educativa que achega os espectadores ao fascinante mundo do ilusionismo.

Galego

Merenda con pan de millo

Merenda con pan de millo é un espectáculo de pequeno formato  baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral,  co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

Galego

TIN

Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer, e perdido no presente, no eiquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de linguas. Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.

Galego

SuperHarte

Como conseguir evitar que o medo te paralice cando eres pequena e todos te din que non podes? A clave está en SUPERHARTE. Un espectáculo cunha mensaxe de empoderamento para todo o público, os adultos, os nenos e sobre todo as nenas: vencer o medo e ser capaz de facer o que semella imposible. Buscando a confianza en si mesma e grazas ao apoio do público, Patty conseguirá chegar ao máis alto. Compartindo polo camiño a alegría da superación constante dos temores máis profundos. Todo isto con moitas risas, acrobacias, bailes e o globo máis grande que poidas imaxinar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño