Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Contos de trasnos e meigallos

Coñeces os trasnos que habitan na nosa terra? O trasno Busgoso, cos seus pezuños e cornos de chivo, larpeiro e burlón. O Burleiro, un grandísimo transformista, capaz de adoptar forma de cabalo, becerro ou burra. Os Meniñeiros, cativos e invisibles, coa misión de facer rir ós bebés... Este espectáculo inclúe manipulación de obxectos, maxia e participación do público. 

Galego

Contos arredor do lume

Contos arredor do lume é unha compilación de contos, cantos e imaxes evocadas pola xograresa Alba de Vales. Achéganos o lume nas súas distintas formas e virtudes. A través dos contos e historias, fálanos de solidariedade, agarimo, comunidade e coraxe, que precisamos para andar o noso camiño propio. Alumeando co candil que prende a nosa chama interna, e que este espectáculo nos quere avivar.

Galego

Conto-concerto - A banda do verán

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música? O artista Xoán Curiel protagoniza este espectáculo musical e de contacontos. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar coa música, as nenas e nenos acompáñano nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Estilos musicais variados como o pop, rock, tradicional, reggae ou funky atópanse nesta experiencia participativa e refrescante que fai espertar a imaxinación e as ganas de abrir as orellas e as mentes.

Galego

Contos a pé de rúa

De todos os espectáculos de contos que Caxoto nos trae este é o que mellor se adapta a espazos exteriores (prazas, parques, campeiros, ...) Nel un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, ... todo mesturado con xogos, cantigas, ... un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.

 

 

Galego

Contadiña

A avoa de Marita sempre dicía que tardara en falar… pero que, cando arrincou, o que lles preocupa é que non dera calado… sobre todo porque contaba moitas das cousas que escoitaba! Pero é que, claro, hai cousas que merecen ser contadas: ben porque os presenciou en directo ou ben porque llas confiaron os protagonistas. Así nacen os contos e as contadas. Neste caso, unha e pequena, coma ela. Historias propias e alleas, contadas con moito ritmo, retranca e humor fresco.

Galego

Xan das ondas

Xan é un rapaz ao que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar xa non ten ondas e parece que está moi enfermo. Así que, emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá os habitantes dos mares.

Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?

Galego

O censor de monstros

Cristovo, ten un traballo moi especial, é “censor de monstros”. Con el descubriremos os seres fantásticos que habitan na Galiza.

Unha viaxe inesquecible pola nosa terra meiga, onde coñeceredes de primeira man os personaxes mitolóxicos que aínda viven entre nós.

Vivirá algún preto de ti e non o sabes?

Galego

Contacantacontos

Contacantacontos é unha actividade única e emocionante deseñada para nenos que adoran escoitar contos e bailar ao mesmo tempo. Este evento combina a narración de contos coa música e o movemento, creando unha experiencia inesquecible para a cativada.

Galego

Peter Punk Pallaso

O Concerto PunkInfantil é a nova tolemia de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.

O novo espectáculo de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos

Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño