Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Vértigo 

Vértigo é un espectáculo de grande impacto visual que fusiona voz en directo, acrobacia aérea e linguaxe coreográfica contemporánea nunha proposta escénica de forte intensidade. O diálogo entre o movemento en altura e a interpretación vocal constrúe unha narrativa emocional na que música e corpo avanzan de maneira sincronizada. As suspensións, xiros e transicións aéreas, combinadas coa presenza sonora en directo, crean unha atmosfera envolvente e chea de tensión poética.

Galego

Lúa quere viaxar a... Marte!

Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora quere ir a Marte! 

Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte. 

Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

Galego

Miro e a música das cousas

Miro e a música das cousas é un espectáculo familiar no que, a través da historia dun neno cunha especial sensibilidade polos sons, descubrimos que todo o que nos rodea pode converterse en música. Unha proposta que mestura narración oral, teatro, marionetas e música en directo, convidando o público a escoitar, xogar e crear colectivamente ao ritmo do corazón.

Galego

Errantes

En noites de lúa nova, a cidade tórnase escura…, orcos, trolls e alimañas…, seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa tolemia, lévannos a unha peregrinación eterna transportando no seu carro a maior das súas demencias: o orlok.

Galego

Zasca!

ZASCA! é un espectáculo enfocado aos máis pequenos da casa. Durante a actuación, os nenos quedan encantados ao ver como ao mago lle van sucedendo toda unha serie de “cousas raras”. Entre a sorpresa e os risos do público un esquío non se deixa hipnotizar, uns pompones néganse a obedecer o mago, a unhas cintas de cores dálles por viaxar dun sitio a outro e moitas outras cousas…

Galego

Sonchistorias

Con humor “do noso” e unha perspectiva única, Xan mergúllase nun mar de situacións incribles, dende desventuras absurdas ata malentendidos hilarantes ou encontros inesperados.
 
Historias milenarias esfiañadas que son retecidas coas agullas do humor e que se mesturan con chistes contados a modo de historias, levando á audiencia de paseo por unha corredoira chea de xiros e reviravoltas divertidas onde o real e o imaxinario únense de tal xeito que son difíciles de diferenciar.

Galego

Vicio houbo sempre

Divertida e fresca proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade...  

Galego

O que non estaba escrito

Carmen Conde leva 20 anos recollendo, escribindo e contando historias. Percorrendo toda a xeografía galega e conversando no camiño con centos de persoas que lle legaron xenerosamente anacos marabillosos das súas vidas. O que non estaba escrito ten este título porque os relatos que Carmen conta non estaban escritos (certo!), máis tamén polo extraoficiais e polo especiais que son!

Galego

Lilicleta Discomóbil

A Lilicleta é unha auténtica festa rodante a cargo dun gran showman como é o Señor Lili.

 Un antigo triciclo dos anos 60 de reparto de leite transformado nunha disco a pedais fará que nenos e maiores bailen e desfruten.

Equipo de son autónomo, luces, pompas de xabón, speaker, unha bocina de barco e ganas de facer bailar á xente.

 

Galego

Sherezade, Aladino e os tres beduinos

Baixo o arrecendo a incenso, uns contadores de historias da lonxana Persia, nos evocarán as aventuras de Sherezade e as súas mil e unha noites… Alfombras voadoras, Xenios poderosos, Ladróns, aventureiros… Todo mesturado con música e recreacións dos momentos máis máxicos dos relatos árabes máis coñecidos… Aldino e a lámpada marabillosa, Alibabá e os corenta ladróns, encantadores de serpes, e por suposto, o propio publico que será participe das historias ate tal punto, que levarán os aromas de Persia impregnados na súa pel

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño