Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Olimpíadas do Tibu 

Benvidos ás emocionantes Olimpíadas do Tibu!

Neste incríble evento, o DJ Tibu poñerá a música perfecta mentres os nenos se divirten xogando a unha variedade de xogos entretidos, como o clásico xogo da cadeira, e moitos máis...

Imaxina un lugar onde os pequenos poden gozar dunha competencia amigable e chea de alegría. Nas Olimpíadas do Tibu, creamos un ambiente festivo onde os nenos poden desatar a súa enerxía e demostrar as súas habilidades a través de xogos divertidos e dinámicos.

Galego

O estraño caso do dentista da rúa Brasov

Esta é a historia dun destista dos Cárpatos ambulante,  que percorre co seu carromato as vilas en busca de pacientes para a súa consulta. A través de xiros inesperados da historia e utilizando diferentes técnicas (clown , música en directo, maxia, títeres... ) coñeceremos o seu curioso pasado, e descubriranos unha nova historia totalmente inesperada, cun final sorprendente.

Corría o ano 1913 cando naceu o noso  protagonista nunha pequena aldea dos Cárpatos.

Galego

O mellor e o peor dos 80 e 90 

Baixo o lema 'O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto' Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo aos asistentes nunha festa fóra do común. Facer ao publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nun paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música.

Galego

Mulleres de conto

As historias que máis emocionan a Cris de Caldas falan de mulleres que non viviron unha vida de conto pero que, sen dúbida, merecen ser lembradas. Recompilou historias de vida e contos de tradición oral e literaria onde as mulleres demostran ser as protagonistas das súas vidas incluso cando a morte ande preto. Fíxoo para poder contalas e para ser o altavoz de quen non puido alzar a voz: unha morea de heroínas anónimas que tiveron que camiñar por congostras cheas de obstáculos e sombras.

Galego

Marcho que teño que marchar

Marcho que teño que marchar é unha divertida sesión de contos e tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdade de xénero. É un cesto trenzado con historias protagonizados por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosa.  Nun escenario convertido na casa familiar, Bea Campos relata secretos sobre a súa familia mentres cociña, bebe e traballa entre cancións, coplas e conxuros.

Galego

Terra Nosa

Falar da terra  é falar dos costumes, da lingua, das raíces... e de cancións, das nosas cancións.

Neste espectáculo recopilamos algunhas das cancións máis coñecidas da nosa tradición oral e popular, dándolles unha nova visión, máis minimalista e íntima: unha voz e o son do piano.

Buscamos, deste xeito, achegar a nosa tradición, as nosas raíces, ás novas xeracións cun aire renovado, aportando así o noso granciño de area na difusión da lingua e cultura galega. 

Galego

Odaiko Familiar

​Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xog​ar co efecto sorpresa son a​s claves deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico ​e familiar ​que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que ​a senda ​da creación continúe ​a medrar.

Galego

Escenas na Noite

Escenas na noite é unha proposta cultural pensada para transformar un espazo ao aire libre nun lugar de encontro arredor das historias e da emoción compartida. Ao caer a noite, o público reúnese para gozar dunha velada escénica baixo o ceo aberto, onde a imaxinación e a atmosfera nocturna crean un ambiente especial.

Galego

Levaino!

LEVAINO! exhórtanos a facer unha viaxe pouco coñecida que parte do Mediterráneo Oriental e remata en Galicia, presentado os vínculos que unen ambas tradicións orais.
Xurxo Fernandes, investigador de ambas culturas e a través dunha sonoridade sorprendente, mergúllanos nunha paisaxe sonora que envolve os arcaicos sons da Galicia máis primitiva co máis suxerente exotismo oriental.

Galego

Enredos

Non sempre é fácil encaixar. É o primeiro día na fábrica, unha vella factoría que acaba de herdar do seu avó e que xa viviu épocas mellores. Coa ilusión do primeiro comeza a súa xornada, pero pronto se dá de conta que as instalacións necesitan algo máis que uns amaños.
A maquinaria oxidada, os engrenaxes desaxustados, as estruturas inestábeis, convértense no escenario perfecto para un sinfín de torpezas e inesperadas habilidades. 
Nun mundo dominado polas máquinas a arte do circo emerxe como unha forma de rebelión e liberdade.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño