Contos en lila
Das caixas máxicas dos contos saen carapuchiñas que non saben o seu conto, dragóns que parecen galos de curral, traballadoras en folga, princesas de pernas tortas e un neno que chora e provoca unha revolución. Precisamos un mundo que siga a ser azul pero cunha visión lila. Un mundo mellor, máis igualitario e xusto. Con princesas valentes, nenos con dereito a chorar e mulleres donas das súas decisións.

