Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Delta Blues Dúo

Delta Blues Dúo é un proxecto composto polo guitarrista e cantante Jay Doe acompañado do armonicista Ramón Figueira no cal debullan temas Delta Blues e Country Folk. Os dous músicos convídannos a gozar do son máis puro do blues e do country.

Rammón Figueira é un experimentado armonicista da escena de blues galega,compoñente, entre outros, de bandas como The Lákazans, Andhrea & the Black Cats e Sabela & the Heartbreakers

Galego

Cé Orquestra Pantasma

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si coma A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu. 

Galego

Abril Fado Atlántico

Abril Fado Atlántico é un proxecto musical de fado nado en Ferrolterra no ano 2007 con carácter aberto, onde teñen cabida músicas como o tango, o choriño brasileiro ou músicas puramente clásicas, sempre co a instrumentación típica de fado portugués.

Daniel Adzemian (guitarra portuguesa), guitarrista arxentino, é o líder do proxecto no que resaltan tanto os seus arranxos como a súas composicións.

Galego

DOA

O repertorio de DOA céntrase na Lírica Medieval Galego-Portuguesa, e Música popular do Camiño de Santiago, Cantigas de Santa María e Códice Calixtino.

 

Susana de Lorenzo: Voz, harmonium e percusión 

Xoán Piñón: Guitarra acústica 

Fran Castro: Percusión, teclados, melódica e voz

Gertraud Brilmayer: Violín e voz

Galego

Mad Martin Trío

A banda empezou en abril de 2014. Tocan un rock & roll clásico. Debutaron coa presentación de It Was A Very Good Year (2014), tema talismán do trío. Desde entón, publicaron Seven Lucky Shots (2014) editado en España por Molusco Discos e Time To Go Mad (2015), un longo que inclúe 14 temas publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. Eileen, incluído en Time To Go Mad foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa El Sótano de Radio3 de Diego R.J.

Galego

Tanto Nos Ten

Tanto Nos Ten leva máis de 15 anos formando parte de escena musical galega e presente en moitos dos festivais e programacións da Galiza e Portugal. Os músicos de Tanto Nos Ten utilizan con mestría as voces e os instrumentos tradicionais como as gaitas, o clarinete, o acordeón, o tamboril, o bombo con pratos, a pandeireta ou as cunchas, aos que fan falar coa súa propia e sempre festeira linguaxe.

Galego

Louband

Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017. O seu estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán: ska, reggae, cumbia, pop e rock. Todas as versións están arranxadas dando protagonismo ás voces e os ventos da formación. Do repertorio en galego destacan versións como O Tren de Andrés do Barro, Quen puidera Namorala de Luis Emilio Batallán así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus.

Galego

Andhrea and the Black Cats

Andhrea and the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela, composta por Ramón Figueira "Figui" (armónicas), Andhrea Verdú (voz) e Benjamín Vázquez (guitarra). Dende a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo, acompañados na actualidade por Aitor García na percusión.

Galego

Charanga Bicoia

Charanga Bicoia é unha formación que nace en 2019, integrada por unha ampla maioría de músicas mulleres.

Ademais de tocar os grandes éxitos charanguís de toda a vida (Agárrate Saxo, Campanera, Bakalao Salao, etc.), introducen repertorio non tan coñecido, conectando coas músicas do mundo, como pezas bolivianas ou, por suposto, galegas.

Galego

Monoulious DOP

Monoulious DOP continúa co seu Chándal Metal Tour, para seguir percorrendo en 2026 os escenarios do país e parte do estranxeiro co seu humor e estilo inconfundible.

A xira arrincou co lanzamento de novos temas baixo a produción de Iago Pico (Tanxugueiras, Rozalén, Rayden…) cunha estética retroactual, influenciada por unha época de gran valor musical e persoal para a banda, os anos 2000.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño