Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

O fillo do panadeiro

Coa intencion de malograr a festa e, de paso, molestar o panadeiro, o Demo Esgaerdo rouba a fariña da panadería e foxe con ela ata o seu afastado castelo, máis aló do Bosque das Tebras. Tolin, o fillo do panadeiro, un raparigo un pouco revolteiro, será quen, desta vez, amañe o problema... cun chisco de sorte.

De 3 anos en diante.

Dirección: Lázaro Duyos

Duración: 45 minutos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño