Conto para escoitar mentres bailamos un vals
Neste espectáculo preséntasenos a un dos grandes directores de orquestra do mundo. Dende o seu habitat natural (o escenario) conta a historia de como unha das integrantes da súa orquestra chegou a interesarse pola música e cal foi o instrumento musical que quería aprender a tocar.
Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva teatro, danza, música e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

