A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes, que se verán transladados a situacións fóra da dinámica cotiá.
Este espectáculo xurde da idea de levar ao teatro os sketches que lles fixeron gañar o concurso 'Os Humorosos', do programa Luar da TVG.
Ademais, desexaban contar, sempre desde a comedia, algunhas das aventuras e desventuras do seu paso polo concurso: o proceso de creación, as súas impresións sobre a experiencia televisiva, os antes e os despois, as reaccións...
Este espectáculo humorístico forma parte do programa Cultura no Camiño, que leva teatro, danza, música e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.
Autor e director: Carlos Blanco Elenco: Carlos Blanco e Luis Davila Sinopse: O novo de Carlos Blanco, con Luis Davila, un debuxante de luxo. Ver debuxar a Davila en pantalla xigante, e en directo, as historias retranqueiras de Carlos.
Sinopse: Que pasa cando chamamos a unha empresa de reformas para que nos pinten a casa? Estamos seguros de a quen contratamos? Dous pintores que entre brocha e rodillo dedícanse a facer algo máis que pintar.
O Mago Rafa é unha persoa optimista e levou a cabo un novo proxecto, Reilusionarte. Desde o seu punto de vista, en épocas difíciles, como a actual, é aínda máis imprescindible ilusionarse, de aí este novo espectáculo, que ensina a mirar a realidade doutra forma, cos ollos dun neno.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confimar datas e hotas nos espazos onde se representa
Xoán Curiel interpreta temas propios e músicas doutros poetas galegos, portugueses, casteláns e brasileiros. Un concerto para todos os públicos nun formato íntimo.
Interpretado maxistralmente por Evaristo Calvo, O turista madrileño é unha creación de Zopilotes, trío composto polos guionistas Andrés Mahía, Carlos Ares "Parrocho" e Xosé Castro "Pato", artífices de AIR GALICIA, programa de humor emitido durante varias tempadas na Televisión de Galicia e gañador do Premio Mestre Mateo á mellor serie do audiovisual galego en 2008.