A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Faltriqueira encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional. Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, este proxecto vocal foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en Galicia e diversas latitudes.
Emilio Rúa, músico e cantautor ourensán con trinta anos de bagaxe no mundo da música, un artista sensible cunha das voces máis destacadas no panorama musical galego cun traballo influenciado pola música folk galega e polo country e blues americanos e un repertorio que inclúe temas inéditos en galego e versións, tamén en galego, de temas como La chica de ayer (A moza de onte) e Somewhere over the rainbow (Nun lugar do Arco da vella).
A Mekanika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móbil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia.
Dúo musical cun extenso repertorio que adaptan en función do tipo de público sempre tratando de conectar e con capacidade de improvisación en función de cómo se desenvolva a actuación musical. Música dos anos 60, 70, 80 e 90 e tamén as últimas novidades musicais.
Banda formada por experimentados músicos profesionais que bebe do pop rock máis clásico e actual con influencias de Los Secretos, Rosendo, Burning, White Stripes… Ou máis actuais coma Arde Bogotá, Viva Suecia ou Black Keys, cun son limpo e compacto.
O seu amplo e variado repertorio está composto por música de diferentes épocas e estilos como son o pop español, rumba, latino, folk, irlandés ou música galega. Versións de temas de Los Rodríguez, Heredeiros, Caimán, Os Vacalouras, Loquillo, Joaquín Sabina, M-Clan, Melendi, Los Secretos, Fito y Fitipaldis, Estopa, Revolver e un amplo etc conforman un repertorio para todos os públicos de temas dos 80, 90 e actuais para todas as idades.
Martin Human é unha banda formada actualmente polo cantante Martín, Juancho como guitarrista solista, Richi manexando o baixo e Álvaro marcando o tempo coa batería. Todos veñen de tocar estilos de música moi diferentes, pero xúntanse cunha visión inspirada en influencias do rock americano, o grunge e o country para este proxecto.
Filloas é un artista da nova escena sonora galega, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte.
Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, saúde mental, as relacións persoais e a festa.
O seu útlimo álbum, Súbete ao EVA (2025), conforma unha obra que captura o espírito dunha xeración conectada e creativa.
O repertorio deste concerto a piano solo pon o foco sonoro nalgúns dos estilos predilectos do compositor: folclore, jazz e música clásica do primeiro terzo do S.XX, con figuras como Ravel, Rachmaninov, Stravinski, Prokófiev ou Mompou. É unha viaxe musical e autobiográfica por lugares recónditos no recordo, principalmente da contorna rural; un espectáculo a piano só que combina improvisacións e pezas escritas polo propio compositor.