Cambia o conto
Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrastra malvada… Sempre a mesma leria… ou non? Aquí, dámoslle a volta! Ven cambiar o conto connosco!
Concerto-contacontos no que se traballan os estereotipos de xénero a partir de contos tradicionais, adaptándoos e creando novos relatos cunha perspectiva non sexista. Descubriremos as verdadeiras historias da Carapuchiña e da pequena Serea, onde elas son as protagonistas que deciden o seu destino, con novos personaxes como o Pirata Efrén e a Avoa Lola.

