A verdadeira historia de Hamelín
Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor, son as chaves desta adaptación circense do clásico conto O frautista de Hamelín, no que descrubriremos o que aconteceu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.

