Consertasso na horta
Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!
Nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia. Sempre vestía da cor do musgo e levaba unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia era unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas. Pero ela non era coma as demais.
A Organeta é un divertido e bonito órgano de Barbaria dos anos 60” que toca música de todo o mundo, swing, forró, rock, folk con percusión autómata e motorizado, restaurado por Pulpiño Viascón, un carriño musical con máquina de pompas e luces led cheo de instrumentos máxicos, serrucho musical, trikitixa, etc. Por onde pasa leva a ledícia e fai sorrir ao público presente, nunha experiencia inesquecíbel.
Unha pequena pita, cun soño pode facer moitas cousas. Salto de lonxitude, bailar claqué...Pero sobre todo pode conseguir o máis importante: mudar as cousas do galiñeiro.
A banda folk Os d'Abaixo, formada no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca, entre outros. O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era na realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade. Pero a aceptación foi tal, que comezaron a xirar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra.
Bromas senfin, participacióndo público e humor, moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico conto “O frautista de Hamelín” no que descrubriremos o que aconteceu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.
A Silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades.
Ó seu abeiro créase un hábitat moi singular e unha terra fértil ideal para o cultivo. Resulta paradóxico que unha planta que produce tanta aversión regale uns froitos tan exuberantes e deliciosos.. as Amoras.
FRIDA é unha peza dirixida ao público familiar onde a través do corpo en movemento, títeres e obxectos poñemos en valor o poder transformador da arte. Reconstruímos cadros vivintes a través da danza e movemento de obxectos, onde a música xoga un papel fundamental. Trátase dun espectáculo poético, colorido e con moita, moita vida. Anxo García é o encargado de deseñar os títeres e seleccionar os obxectos que aparecen na obra. Frida era unha gran contadora de historias e botaba man dun pequeno teatriño de títeres para representalas. Contaremos con títeres tradicionais e con obxectos.
The Lákazans volve para quedarse. Dous anos tardaron en entrar de novo ao estudio para plasmar o que será o seu terceiro traballo discográfico que non fai mais que consolidar o seu talento compositivo.
“Sandwina”, inspirado na muller mais forte do mundo, amplian o seu rexistro a novos xéneros da música america, mais aló do seu blues característico. Deste xeito, podemos atopar nel desde o country ata o mais sentimental rockabillly.
Un feirante de roupa, desesperado polas nulas ventas, vese sorprendido pola aparición dun empresario de sona mundial, que lle merca todo o xénero tenderete incluído. O empresario dase de conta de que o tenderete é unha vella estructura teatral que lle evoca a súa infancia nas romerías galegas, e adquireo en troques de que lle faga a representación do mítico Barrigaverde. O feirante -que é un descendente lonxano do mítico Barrigaverde- tentará como poida, facer a representación.