Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

A maxia do Mago Rafa

A Maxia do Mago Rafa é recoñecida nos seus máis de vintecinco anos de traxectoria artística pola súa maxia orixinal e o seu humor desenfadado, que se afasta da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común; humor, tenrura,  unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián.

Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".

Galego

Bailen as vellas. Os contos das cereixas

Unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral co gallo das Letras Galegas 2025. As narradoras Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron. Os contos ás veces son coma as cereixas, cando botas un á boca parece imposible deixar de botar máis. E así, coma a vida e a amizade, nace esta proposta: botando os contos á boca, un detrás do outro.

Galego

Henriko o feiticeiro

Henriko é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, ¿charlatán? que sente que realiza trucos incríbels. Proezas que superan o entendemento humano. Pero en realidade é unha fraude de mago ao que mesmo os nenos lle cazan os trucos. Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, ten a caradura de continuar co espectáculo como se todo estuviese a saír segundo o planeado. Pero trala aparencia deste desastroso feiticeriro agóchase un veterano malabarista que realizará arriscados xogos con coitelos e perigosos equilibrios.

Galego

Concerto

Claudia Abril (voz e percusións)  Marina Carpente (violín e voz) e Hugo Abril (Guitarra clásica) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura. Abril é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente.

Galego

Os piñeiros

Integrantes do grupo

Diego Piñeiro: voz, guitarra acústica e guitarra eléctrica.
Iván Piñeiro: voz, guitarra acústica e harmónica.

Os Piñeiros é o nome artístico dos xemelgos Iván e Diego,que desde nenos xogaban á música xuntos. O grupo ten influencias de Rem, Europe, Bob Dylan, Creedence, Michael Jackson, Lennon, Bob Marley, Fito, etc......

Premios

Diego Frikipaldi :
Gañador do concurso Rock in Cambre 2015 e 2016

 

Galego

Benito e Rufina

A familia sae  facer a compra, iso si, con moita marcha!, sempre bailando e de bo humor, contaxiando ás persoas que se atopen desta alegría!.

Ao levar microfonía inalámbrica, hai posibilidade de ir anunciando a labor que se lles encomende.

Galego

Brincadeiras da lingua

“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo de teatro, narración e cancións que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura oral e do cancioneiro popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.

Galego

Circanelo

O teatro xestual, danza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses como o mimo combinanse para crear una historia absurda, tola, sobre un artista coa intención de presentar o seu número a toda costa; e demostrar o seu amado público do que é capaz.

No intento, ésta personaxe encontrarase cun montón de trabas que solucionará dunha forma un tanto particular, axudado, en ocasións, por a participación do público e dentro dun marcado rexistro clownesco.

Obra gañadora do Festival Internacional de Clown (Festiclown 2006).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño