Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

A cabaleira

Érase unha vez...

unha princesa, a princesa Valentina. Naceu e, claro, todo parece indicar que algún día será raíña. Pero que pasa se a nosa protagonista non quere ser o que se espera dela? Se prefire xogar con espadas, ser armada cabaleira e percorrer o mundo?  Pois o que pasa é que se vai meter en moooooitas leas!

E menos mal que estamos aquí para contalas todas! 

Galego

A gran viaxe

A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio o elemento necesareo para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio soben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase… Poderán Centella e Potasio regresar ao seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden?

Galego

As palabras perdidas

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buratos. Faltan palabras moi importantes como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso.

Galego

Up2down

Up 2 Down, é un espectáculo de danza- circo, xesto e poesía visual. Unha historia composta por dúas bailarinas, dous cables de funambulismo e dirixidas por un paiaso. Apto para todos os públicos.

Galego

Gran gala de circo de Pistacatro

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

Chulises e o Velocíclope

Espectáculo de rúa constituído por cabezudos motorizados de apariencia ambigua (poden verse como zapatos xigantes, cíclopes, automóbiles...). As múltiples posibilidades que ofrece a motorización dos cabezudos, manipulados por personaxes clownescas, fai que nos atopemos perante un espectáculo sorprendente, áxil e de grande interrelación co público.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño