Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquesta de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu tríciclo. No encontro co público cóntalle a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido engarzando as diferentes historias que aprendeu dos habitantes que se foi topando polo camiño. Para a narración apoiarase en diferentes técnicas do teatro de rúa: a música, os títeres, os romances de cego, o limberjack e o Kamishibai.

Galego

Baila e canta coa granxa

O Show infantil A Granxa ofrece un percorrido musical en directo polos temas mais famosos da discografia infantil. Un monton de Bailes, coreografias e diversión, para que non pares de bailar e brincar. Todo iso coa colaboracion de os personaxes da granxa. (O Gato, O rato, A galiña, e outros mais coñecidos como Peppa Pig, Patrulla Canina..)

Espectáculo músico infantil para todos os públicos.

Galego

As historias do avó Manuel

A partir do libro “Un avó especial”, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, vanse entrelazando cancións e ditos infantís de tradición oral recollidos na páxina web www.orellapendella.org

Deste xeito, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Anímase a manter vivos os xogos, cancións e ditos sinxelos dos/as nenos/as de antano como medios de diversión, socialización e aprendizaxe.

Galego

+ ritmo

Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… Que acontece cando parte da banda chega tarde e despistada ao lugar do concerto? Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.

Galego

Contos para facer o indio

Soni Quete irrompe no auditorio sobre o seu monociclo salvaxe ata que desaparece e escoitase un estrondo debido ao trompazo que leva. Isto fai saír á india L.A.S.I. (Lúa Anterior o Solsticio de Inverno) do seu tipi que ao descubrir ao público interfire con el interpretando uns cánticos guerreiros. Soni reaparece entre o público disparando ante tal ameaza, cunha orixinal escopeta (unha chapata de … PAN, PAN … PAAAAAAN).

Galego

Crunch!

Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Galego

Cortando fíos

Tanto nos ten é un grupo de música da Galiza que emprega no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva coa que tratan de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das súas intervencións, tanto de rúa coma de palco. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño