Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Ilusiónate

EXPECTÁCULO DE MAXIA CÓMICA.                                             

ILUSIONISMO PARA DISFRUTAR TODA A  FAMILIA, CON NÚMEROS SORPRENDENTES,O HUMOR  E A PARTICIPACIÓN DOS PEQUEN@S E MAIORES ESTÁ GARANTIZADA EN TODO MOMENTO. PREPARADOS PARA ENTRAR NUNHA EXPERIENZA INOLVIDABLE?. VEN A LUSIONARTE.

Galego

Vaites, rapariga!

Están as noveliñas de vaqueiros. Eses clásicos libros finiños da colección ESTEFANÍA. Están os westerns do cine, que chegaron a nós excelentemente dobrados ao galego. E por suposto, están os westerns modernos. Todos teñen elementos comúns: hai certa violencia, a paisaxe ten un papel fundamental, as vilas son pequenas, o epicentro é a taberna, despútanse o poder, o orgullo e o territorio, as bandas sonoras son épicas, protagonízanos personaxes rurais que andan co gando e moitas veces ten peso o humor negro. Ademais todos acontecen no oeste. No lonxano oeste.

Galego

Ornithology

Esta proposta, concibida para ser desenvolta en contornas naturais que favorezan unha escoita activa dos cantos dos paxaros e homenaxear o clásico Ornithology de Charlie Parker e Benny Harris, convoca a dúas das personalidades galegas máis relevantes nos seus ámbitos: o narrador Quico Cadaval e o saxofonista de jazz Pablo Castaño.

Galego

Treides conmigo

Treides Comigo! é un espectáculo cunha moi boa acollida de prensa e público, ao fío do sétimo disco de Xoán Curiel co mesmo nome. Novo e vello ao mesmo tempo, unha fusión do antigo e do contemporáneo, unha visión orixinal, didáctica e diferente de presentar as cantigas da lírica medieval galego-portuguesa neste século XXI.

Galego

TREIDES COMIGO! (dúo)

Un concerto a partir de cantigas actualizadas de diferentes trobadores da lírica medieval galego-portuguesa (séculos XII aXIV) e dos Camiños de Santiago.

Unha lectura contemporánea das obras medievais fundamentais do noso patrimonio que resulta en sons medievais cun novo rostro.

O público descubrirá curiosidades sobre os autores da época, as diferentes formas das cantigas e a súa memoria inmaterial (lendas e historias que lles dan corpo).

Galego

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)

SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.

Galego

Quéroche un conto

Sempre fin de mal comer e peor durmir o cal foi a excusa perfecta de pequena para ergerme en metade da noite e achegarme á cociña onde o meu pai almorzaba sopas acompañado pola miña avoa o volver do mar. Así que pedía unha cunca , sentaba á mesa e escoitaba. Isto vai de moitas das cousas que ouvín, outras que descubrín e algunhas que mesmo vivín en directo. 

“Quéroche un conto” era unha expresión que tiña a miña avoa para dicir que todo tiña o seu aquel, a cuestión era explicalo. Soía dicila xusto antes de arrancarse a contar como eran as cousas desde os seus tempos.

Galego

Concerto

A Mekánika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia.

Galego

Contos a pe de rúa

De todos os espectáculos de contos que Caxoto nos trae este é o que mellor se adapta a espazos exteriores (prazas, parques, campeiros, ...) Nel un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, ... todo misturado con xogos, cantigas, ... un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.

Galego

Conto para escoitar mentres bailamos en vals

“Sabela era una nena á que lle encantaba a música. Tanto que pasaba o día cantando, bailando, asubiando... Un día a súa nai dille: E por que non aprendes a tocar un instrumento musical?  A Sabela aquilo pareceulle unha boa idea e púxose a pensar que instrumento quería tocar... pero eran tantos!...”

Baixo esta premisa asistiremos á viaxe fantástica que Sabela fai por varios instrumentos ata ir a dar co seu instrumento favorito (gaita, acordeón, xilófono, pandeireta, ...)

Un espectáculo dan man do “Gran Director de Orquestra”  Caxoto cheo de fantasía e da nosa música 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño