O benquerer(se)
Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada.
“Camiños que parten” é un espectáculo multidisciplinar de 20min de duración para espazos non convencionais para tódolos públicos que combina a música en directo e a danza. O espectáculo enlázase cunha intervención musical de Mounqup de 40 minutos, facendo un total de 60 minutos.
El grupo musical Sete Vidas, consiste nun espectaculo de música en vivo ideal para todo tipo de eventos. Liderada por el recoñecido Dani Royo, zaragozano , pero galego de adopción, conta con catro músicos máis en escena: 1 baixista, 1 pianista, 1 guitarrista e un baterista. Coa paixón e dedicación que fan a homenaxe a un dos xenios máis grandes da nosa música española, conseguen unha contundente aposta musical innovadora, con produción propia , facendo un percorrido polos maiores éxitos do artista, caracterizándose, polo seu potente directo con sons actuais .
Dirixida por Avelino González a partir de textos de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos cómicos Fran Rei e Isabel Risco á fronte, Dous no camiño foi creada especificamente para a programación do Xacobeo Vive o Camiño 2017. Nesta montaxe, dirixida a todos os públicos e cunha posta en escena moi sinxela, revísanse tres das lendas xacobeas máis populares: a do cabaleiro francés Roldán, a da barca de pedra de Muxía, e a traslatio do Apóstolo Santiago a Compostela.
“COMBINA” é un espectáculo que combina maxia, humor e participación do público. Unha proposta todoterreo con números de maxia de diferentes especialidades. Maxia visual, escapismo, mentalismo, viaxes máxicos...
Todo isto co estilo único de Dani Polo, unha combinación de elegancia cun toque desenfadado e xuvenil.
Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nos dous últimos anos. Por esta razón, este ano presentan novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida.
Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso!
Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns.
Contos de mortos que non están tan mortos, da Santa Compaña que non eran tan santa, de aparecidos e visións... de todas estas cousas que rodean a vida e a morte en Galicia, e das que nunca está de máis falar un pouco. Porque o mundo cambia.
O noso mundo, o dos vivos... e quen sabe se o dos mortos tamén cambiou! Porque, aínda que haxa luz eléctrica, nunca se sabe onde se che pode aparecer algo...
CIRKOTE circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.
KOTE MALABAR leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.
Concerto de Eladio y los Seres Queridos.