A miña historia
Andrea é unha periodista saída do Século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se lembre dela?
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Andrea é unha periodista saída do Século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se lembre dela?
A primeira vez que Laura veu a dúas persoas falar en lingua de signos pasoulle o mesmo que a todos... non entendía nada!. Pero aquela idea de falar coas mans gustoulle moito así que aquela tarde, despois de facer os deberes, saíu ao xardín para imaxinar un mundo onde as persoas falasen coas mans.
Neste espectáculo a lingua de signos e a lingua oral conviven por igual no escenario. Un espectáculo para persoas xordas e ouvintes. Un espectáculo integrador cheo de fantasía, maxia e humor.
TRES PESOS
Felisa Segade, Xoán Porto "Guancho" e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coas música e tradición galegas.
Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respeto polas raices do estilo e buscando un coidado sonido que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos.
Fernando Esclusa, á voz e á guitarra, (ex Guru Deva), Francisco Taxes "Pocho" (exRevolujoin), voz e baixo eléctrico, e Alberto Dopico "Delpi" (exBastards on Parade) á batería, proxectaron as súas teimas musicais cara aos anos sesenta. . Porén, e ante as múltiples peticións doutros repertorios para incontables veladas e festas, decidiron sacar este coidado set list, eminentemente rockeiro, para os amantes do legado do rock hispano dos 80.
Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia, que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, a canción ou o xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos a personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlle ás corochas? Será que a sensación en cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de poñerlle un único nome? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña...
O grupo OLLO PIOLLO lanzou o seu primeiro álbum "CANTA CONTOS - Sons da Batea" en novembro do 2021. Este álbum, composto por 9 cancións, contén ritmos variados; podemos escoitar dende country ata bosanovas pasando por hipo-hop ou regaetton. Todas as cancións están baseadas en cancións que a rapazada cantaba e canta nos campamentos así como en contos infantís.
No ano 2020 Latexo lanza o seu primeiro espectáculo de rúa, no que aposta por un show de batucada cun carácter moi persoal e marcado polas súas influencias, cuns arranxos musicais de creación propia moi coidados, nunha clara aposta por fusionar o movemento e a percusión afrobrasileira con elementos visuais como a luz interior dos seus tambores, ofrecendo así unha proposta de percusión de rúa diferente e de calidade.
Adrián Vigo presenta o seu segundo disco, baixo o título de "Reflexos", reunindo 12 cancións vestidas coas mellores galas. Se ben o primeiro disco "Profunda amizade" era unha gravación artesanal e mimada, en "Reflexos" vemos un compositor maduro cunha produción de primeiro nivel. Atopámonos cunha variedad musical diícil de ver nestes tempos: dende o pop máis comercial ata os sons latinos, coqueteando polo camiño coa canción galega, o rock, ou a música de raíz... sen perder a esencia baladística.
O concerto compónse de cancións feitas polo dúo con extractos de Cantares Gallegos, obra de Rosalía. Algunhas pezas son con harmonio, de ritmos populares e alegres e outras son con piano. Complétase con cancións que fixo o dúo con poemas que outros autores dedicaron a Rosalía de Castro, como Curros, Otero Pedrayo e García Lorca. Habitualmente incluimos algún tema con letra nosa, como Nana do Couto Mixto ou Alalá dende Turín.