Concerto
Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017.
Premio As nosas músicas 2019
Premio Cornamusa do Festival Atlántica 2019
Premio Rebulir da Cultura Galega 2016
Concerto de música.
Peza de danza contemporánea creada por Eva Comesaña, que navega entre diferentes mares para atopar tradición, costumes e calma na terra.
Concerto de música.
Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste n< instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.
Unha aventura máxica e unha experiencia innovadora sen precedentes que se desenvolve a bordo do BAÚL DO MAGO (unha caravana convertida nun auténtico Teatro Itinerante na procura de aventuras).
Onde a Maxia non só se ve, senón que se vive. As características do BAÚL DO MAGO conseguen que a interactividade e participación co espectáculo estean máis que aseguradas, pois a proximidade e interactuación co mago é unha constante durante o espectáculo. Trátase dunha experiencia irrepetible que se lembrará, probablemente, durante toda a vida.
A Maxia do Mago Rafa é recoñecida nos seus máis de vinte anos de traxectoria artística pola súa maxia orixinal e o seu humor desenfadado, que se afasta da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común; humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián. Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".
Concerto de música.
Un espectáculo de maxia dinámico, refrescante, íntimo, participativo e cercano; pensado para pequenas prazas e rúas con encanto.