Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Especial Amy Winehouse

BLACK e un proxecto musical coruñés que reinterpreta grandes éxitos da música negra. No seu formato acústico levan dende 2014 amenizando diversos espazos de toda a comunidade autónoma co seu espectáculo "Un paseo pola música negra". Tras o éxito dos especiales “Música do Nadal”, “Soul e literatura” e “Voces de muller” agora chegan co espectáculo “Especial Amy Winehouse”, un espectáculo deseñado ca intencionalidade de percorrer a vida da admirada cantante británica e poñer en valor a significativa mostra de talento que ofreceu na súa corta existencia.

Galego

Polbo escapista

O Polbo finalmente escapoue e o noso gran Cheff anda a súa procura polas rúas, pois xa non é posible preparar as súas xeniais “tapas de polbo á feira”.

Unha fantástica actividade de pasarrúas moi dinámica, interactiva e dinamizadora co público asistente.

Galego

Euforia

“EUFORIA” é o espectáculo de gran formato de Dani Polo, xoven mago galego, finalista do programa “Pura Magia” de TVE e premiado en diferentes puntos de Europa.

Presenta un espectáculo único, cun ritmo trepidante onde todo, absolutamente todo, é posible, dende persoas que aparecen ou se cortan pola metade ata espectadores que conseguen voar. O humor, a participación do público e sobre todo a maxia máis espectacular son as claves da proposta. Unha iluminación coidada, unha posta en escena impecable con grandes aparatos e efectos pirotécnicos farán que non poidas nin pestanexar.

Galego

Conto - concerto

Neste contacontos musicado, Xoán Curiel narra a súa propia experiencia naquel verán no que decidiu montar a súa propia banda de música "A banda do verán".

Os rapaces e rapazas asistentes participan activamente sendo invitados a, tamén eles, imaxinar que poden montar a súa propia banda, compoñer e crear as súas propias cancións. Un espectáculo moi participativo onde se mesturan a palabra contada e as cancións con elementos teatrais e de clown.

Esta proposta ten participado nestes últimos anos en diferentes programas de normalización lingüística por toda a nosa xeografía.

Galego

Xabón Lagarta

Novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida. Tirando do fío para traelo á actualidade desde un punto de vista moderno e contemporáneo, cun espectáculo moi coidado a nivel escénico.

Galego

Se as árbores falasen

Élenco: Iseo Agilda

Se as árbores falaran...

Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguíu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán quen llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse a terra queimada. Unha lección que nin ela nin o resto da xente da vila esquecerá nunca, pois descubrirán a ledicia e a responsabilidade que supón Ser Terra.

 

Galego

Secho en concerto

Nestes tempos onde revisitamos as nosas prioridades, a música emerxe como esa compañeira necesaria que pon banda sonora as nosas biografías. Nela escollemos as coordenadas que constrúen memoria, sentimentos, sensacións, fuxidas, soños e tamén as outras vidas que decidimos non vivir. A soidade mírase elegante nos seus acordes, sinalando un antídoto en cada abstinencia. Para que todo isto pase, alguén ten que rexistrar o son e, nese facer, achegar honestidade, paixón e unha voz propia. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño