Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Pequenas grandes maxias

Despois de 29 anos percorrendo os camiños do mundo, o mago Teto presenta o seu espectáculo máis persoal.

Maxia enfocada directamente a mente dos públicos, xogos con pequenos elementos, como libros, naipes,papeis.., a veces, simplemente palabras, e outras veces as nosas propias sombras, farán que o espectador  atravese o espello do mundo real o mundo da fantasía , tal cal Alicia, e sinta unha serie de emocións únicas e irrepetibles.

Galego

Experiencias

A Maxia é unha arte que non se aprecia a primeira ollada. Outras artes materialízanse en pinturas, esculturas... pero a maxia prodúcese na mente de cada espectador, é unha arte baseada na experiencia que vivimos, xerando unha ilusión que perdura no tempo.

EXPERIENCIAS é un espectáculo que mestura o mundo do real e o dos soños. Grazas á proximidade que establezo co público desde o primeiro minuto créase un clima distendido e emotivo no que miles de sensacións e emocións flúen en todos os sentidos, fácendote vivir, en cada xogo, unha auténtica experiencia.

Galego

Gala máxica galega

Catro Magos Galegos, un de cada provincia. Catro estilos diferentes, A espectacularidade de Dani Polo, a experiencia do Mago Teto, a elegancia do Mago Rafa e a loucura máxica do Mago Paco fusionanse nun so espectáculo para desfrute de toda a familia. O máis grande espectáculo de Maxia que podes desfrutar hoxe en Gaicia a cargo destes catro Ilusionistas. A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra representadas por Arte de Maxia.

Galego

Louband Street

Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017.

O noso estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán. Entre os estilos musicales destacan o Ska, reggae, cumbia, pop e rock. Todos as versións están arranxadas por nos mesmo dando protagonismo as voces e os ventos da formación.

Do repertorio en galego destacan versións como "O Tren" de Andrés do Barro, "Quen puidera Namorala" de Celso Emilio Batallán así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus.

Galego

Aughas Mortas

Joel Padin é a nova promesa da música folk galega. Os seus inicios na música tradicional remóntanse ó ano 2011, donde comezou a cantar e tocar a pandeireta nunha asociación do seu pobo (Mar de Arousa). As súas ganas por avanzar, levárono a probar en diferentes grupos para intentar comprobar cal era o máis adecuado ás súas necesidades.

Galego

Malabarabilidades

Fran Boza estrea o seu primeiro espectáculo, Malabarabilidades, e vai deixar ao público abraiado pola súa calidade técnica.

Un novo artista no panorama galego que ven a cubrir a necesidade de esquisitez técnica cun nivel impresionante nun espectáculo cunha linguaxe sinxela, divertida, accesible e números cheos de dificultade para conseguir o abraio dos espectadores.

Presentamos ao auténtico rei dos malabares!

Galego

FESTICULTURA O MILLOR PARA SANAR AS AMARGURAS

  • Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores convirten cada festival ou verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo.  
  •     Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa  mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén. As atmósferas ciganas e festeiras coas que enchen as rúas e os escenarios fan que o público non deixe de bailar no que dura a festa.
Galego

A FORZA DA QUEIMADA

Unha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor BRUXO e do seu meiga que invocarán aos Deuses Celtas a través de de o lume, música e a forza escénica, onde mesturasen a tradicional queimada coas novas tendencias escénicas. Conservando en todo momento a exaltación da nosa terra galega a través, das bruxos e bruxas, da Santa Compaña, da Queimada, etc. Os actores interactúa co público facéndoo partícipe do espectáculo.

Galego

XIRA BEO BEO XACOBEO

Beo beo, o Xacobeo, porque é un milagre ter dous xacobeos… Con este lema o grupo musical De Vacas presenta nova xira, reclamando máis anos xacobeos e establecer así un nexo de unión eterno co próximo Xacobeo 2023. Porque un gran fito merece unha conmemoriación excepcional, sen fin, coma aqueles veráns da adolescencia, ou o sabor do primeiro bico con lingua. As súas músicas celestiais son un refuxio para aliviar o cansazo de milleiros de peregrinos que chegan á nosa terra diariamente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño