Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Asacocirco Show

Un espectáculo para todos os públicos que nace da tolemia e idiotez dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito son os dous clowns deste divertido mini circo. Mirroska explosiva e provocadora nata, que fai da ironía o seu medio de expresión, Juanito este neno grande é un cocktail de técnica e humor, da fusión destes dous pallasos e o público, créase a maxia do teatro de rúa, con risas aseguradas. Combinan humor, e destreza física a partes iguais, todo con moita técnica, ritmo e poucas palabras. Un xogo cómico onde o espectador sentirá moi implicado e que sempre hai lugar para a sorpresa.

Galego

Quitar o aire

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional.

Galego

Ghop!

Ghop! vén de Hop! ¿Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra de ímpeto soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre?

Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Galego

Somos circo

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Galego

A Banda do verán

 

Este espectáculo musical e teatral da Banda do verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música?

O artista Xoán Curiel protagoniza este show. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar que música, as nenas e nenos acompáñano nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Galego

Ceibe

CEIBE é a nova obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Ten unha duración de 60 minutos e conta cun elenco de 8 bailadoras e bailadores. Na dirección artística, Fran Sieira e Sergio R. Suárez.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño