Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Concerto

O seu amplo e variado repertorio está composto por versións de diferentes épocas e estilos como son o pop español, rumba, latino, folk, irlandés, música galega, versións de música disco dos 80 con violín, etc.

Temas de Los Rodríguez, grupos galegos, Heredeiros, Caimán, Os Vacalouras, Loquillo, Joaquín Sabina, McLan, Melendi, Secretos, Fito y Fitipaldis, Estopa, Revolver, e un amplo etc., conforman un repertorio para todos os públicos de temas dos 80, 90 e actuais para todas as idades.

 

Galego

Concerto

Maricarme é o resultado de xuntar tres recoñecidas caras do panorama musical galego: Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras), Cibrán Seixo (Davide Salvado, Budiño) e Migui Carballido (Zeltia Irevire). Os instrumentos acústicos (violíns, pandeiros, bouzouki...) únense á sonoridades máis electrónicas (sintetizador de baixo, pads, pedais...) creando un folk orixinal e poderoso. Maricarme viaxa dende a tradición oral ás composicións propias e presenta un concerto dinámico no que prometen facervos bailar.

Galego

Ikigai

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

 Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.

Galego

Levaino!

LEVAINO! exhórtanos a facer unha viaxe pouco coñecida que parte do Mediterráneo Oriental e remata en Galicia, presentado os vínculos que unen ambas tradicións orais.
Xurxo Fernandes, investigador de ambas culturas e a través dunha sonoridade sorprendente, mergúllanos nunha paisaxe sonora que envolve os arcaicos sons da Galicia máis primitiva co máis suxerente exotismo oriental.

Galego

Na lírica Emoción

O grupo A Quenlla créase no ano de 1984 por dous membros fundadores e escindidos do grupo Fuxan os ventos que deixaran no ano 82. Ao longo da súa traxectoria de concertos e gravacións, con distintas formacións evolutivas, contan con traballos e proxectos levados a cabo para a dinamización da cultura tradicional e de autor dentro dos vieiros da nosa música. Ao longo dos anos foron moitos os concertos, charlas didácticas e encontros levados adiante por un grupo de mulleres e homes que tiñan a teima da concienciación social na honra e orgullos do Noso.

Galego

Arrivederchi Roma

Neste monólogo teatral e musical Olga Abad encarna a Bella de Pizza unha gran diva da canción popular italiana, amiga de Raffaella Carrá e Sabrina Salerno que chega a terras galegas  para contarnos e cantarnos as suas grandes aventuras e desventuras, os  seus amores e desamores, porque Bella de Pizza ten moito que contar. 

Galego

Concerto

Gin Tonis é unha banda divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha increible conexión co público dos seus concertos. 

Nesta xira farannos viaxar unha vez máis polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, desde os 80 ata a actualidade (Os Segredos, Loquillo, Seguridade Social, Jarabe de Palo, Hombres G...)

Cun directo fresco, un repertorio repleto de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportaranche ás Décadas da música Española e poñeranlle unha cor diferente á túa festa facendo o mellor Tributo ao Pop Rock do noso país.

Galego

Ollo piollo!

OLLO PIOLLO é un grupo musical creado no 2021 co fin de dar unha alternativa galega musical ao público infantil. Formado por músicos e animadores, OLLO PIOLLO logra que os seus concertos sexan divertidos e inesquecibles para todo o público.

Un grupo musical formado no ámbito educativo e de tempo libre que fai que conecten instantáneamente co público infantil. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño