Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Somos circo

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Galego

Concerto

Andhrea and the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela, composta por Ramón Figueira "Figui" (armónicas), Andhrea Verdú (voz) e Benjamín Vázquez (guitarra). Dende a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo. O repertorio de Andhrea & the Black Cats supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ó público a outra época a través das historias narradas no sou momento polos autores máis clásicos cun trasfondo, na maioría dos casos, vixente aínda hoxe en día.

Galego

Museo encantado

O Museo Encantado é un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e desfrutar con total seguridade e sen aglomeracións. Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico.

- Unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia.

- Unha cabina de teléfono londiniense , na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través de un vello teléfono.

Galego

Home orquestra

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.
Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Galego

Home orquestra

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.
Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Galego

Os fíos do querer

Fíos do querer

"Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando FÍOS DO QUERER, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo".

Estas verbas serven para presentar o traballo en formato de concerto participativo acompañado dun Libro-cd de Cé orquestra pantasma, vintecatro sinxelas e agarimosas cancións para meniños e meniñas de 0 a 3 anos.

Galego

Agasallo das árbores

Moitas son as persoas que coñecen os tres porquiños máis famosos do mundo dous contos, pero case ninguén sabe da historia do seus pais e de como foron criados entre as árbores do monte galego e contos de Igualdade. Todo isto seino eu porque mo contou a avoa Carmela que moito sabía dous contos de sempre. Ela, a avoa Carmela, tiña un traxe de superheroína que semellaba un mandilón negro de viúva. Cando sacaba dun dous seus petos, un bocadillo de mortadela, había conto para a meniña.

Galego

4.0

Espectáculo no que se misturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia sitúanos a unha muller e o seu día a día intentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade, amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, terna e por momentos absurda.  

Un fantástico espectáculo de aéreos que suma á súa espectacularidade: contido, unha historia necesaria e unha coidada dirección e posta en escena.

Galego

Dúo Vaguedades

En Dúo Vaguedades, Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, nunha iniciativa que dá un salto do audiovisual ao escenario e que mestura teatro, humor e música. Na liña habitual desta parella de humoristas, este espectáculo propón unha revisión cómica dunha parte fundamental da nosa cultura, da nosa lingua, do noso xeito de ser e da nosa relación co resto do universo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño