Des(a)fiada. Tecendo música, fiando memoria.
Como en case todas as historias, sempre hai dúas caras dunha mesma moeda. A muller ao longo dos tempos, tocoulle case sempre ficar na cara non protagonista, na menos visible, pero non por iso na que máis doado resulta habitar.
O proxecto-espectáculo “Des(a)fiada”, pretende analizar cal foi aposición da muller no rural de Galicia nos grandes acontecementos da historia a través dos seus propios testemuños.

