Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Miña terra, meu lar

Amaro é un vello lobo de mar que un día, vendo como os ecosistemas mariños etán sufrindo unha verdadeira devastación, decide aportar o seu gran de area no coidado do que durante unha gran parte da súa vida foi a súa casa... o mar.

Miña terra, meu lar é un alegato cara ó coidado do noso partindo dun enfoque local e viaxando cara unha perspectiva global. 

A regra dos tres "R", o ciclo da auga, o calentamento global, ... serán algún dos contidos abordados dende unha perspectiva lúdica

Galego

Concerto tributo a Queen

O grupo fórmase a principios do ano 99, co fin de facer un especial de Queen. Depois das boas experiencieas e resultado do especial de AC/DC feito anos atrás por Riff-Raff, Manuel (cantante de McKuin) decide intentar unha nova experiencia no mesmo sentido, pero esta vez interpretando temas de Queen. Para elo decide contar con algún músico que xa formaba parte de Riff-Raff e chama a outros novos cos que formará Mc.Kuin.

Galego

Concerto de Gin Toni's

Nesta xira farannos viaxar unha vez máis polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, desde os 80 ata a actualidade (Seguridade Social, Rebeldes, Revólver, O Último da Fila, Fito e Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Os Rodríguez, Barricada, M-Clan, Os Refrescos, Os Segredos, A Unión, Joaquín Sabina, Sinistro Total...)

Cun directo fresco, un repertorio repleto de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportaranche ás Décadas Douradas da música española e poñeranlle unha cor diferente ao teu Evento facendo o mellor tributo ao Pop Rock do noso país.

Galego

Leira

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo.

Galego

Ikigai

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das intérpretes co espectador.

Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento convértase nunha agradable aventura.

Galego

Eu queríame casare

Eu queríame casare é a historia televisada de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis... menos... unha relación á que poder agarrarse como clavo ardendo antes de pase o tren, pase o arroz e pase... o que teña que pasar. 

Coñécense nun destes programas televisivos de "cita a cegas", a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predecibles e pode acabar pasando calquera cousa. Poñanse no peor. 

Galego

Estrafalaria

Sinopse: Alicia collera por costume, escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Henry, daráselle por beliscar nos libros, como si non houbera mañá. A avoa e papá dicían que os meus amigos eran raros. Mais eu sempre pensei que iso de ser raro é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?

Interpretación: Atenea García

 

Galego

Estamos no verán

Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro.
Trátase dun disco-libro editado pola editorial Galaxia que narra as aventuras duns raparigos que na época estival atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Galego

David Prado en concerto

Un repaso en formato acústico, dos temas do seu último disco Unha Viaxe Perfecta, no que engloba os puntos cardinales do amor, a felicidade e o desamor.

Con él percorreu salas de renome de todo o país como Liberdade 8, Buho Real, Fulanita de tal, Contraclub en Madrid, Salga Bikini, Sala Fizz, L 'Oncle Jack, en Barcelona. Festivais como Santiautor, Caudalfest, Muzzicafest...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño