Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Habeas Corpus

 HABEAS CORPUS é un espectáculo de comedia interpretado por tres actores e unha actriz, destinado a público de todas as idades e deseñado para exhibirse en espazos exteriores (aínda que adaptable tamén a espazos interiores).

O argumento trata un tema tan antigo e tan de actualidade como é a relación do ser humano coas demais especies animais. E para reflexionar sobre este feito, recurrimos á recreación dun xuízo popular público a un lobo acusado do asasinato dun cordeiro .

Galego

Galifunk en concerto

Galifunk ten como finalidade formar parte da cultura musical do país, dando un punto de vista diferente ao estilo de música ao que se soe asociar a súa formación instrumental, apostando sempre polo bo gusto e por sorprender con temas que nunca se esperarían dunha agrupación destas características, ofrecendo un espectáculo moi variado, inteprertando temas onde predomina a improvisación, ritmos pegadizos, a virtuosidade e incluso pequenas incursións ao rap.

Galego

Gadalka, maxia detrás do cristal

Gadalka, a maxia destrás do cristal é un espectáculo de proximidade para un momento de grandes distancias. Esta micro-obra de maxia está pensada para o desfrute das familias, na intimidade.

A acción céntrase nunha pequena caseta de feira, á que pequenos grupos familiares poden achegarse para vivir unha experiencia máxica a poucos centímetros. Esta caseta, de menos dun metro cadra-

do, agocha tras o seu cristal ao mentalista Gadalka, unha personaxe peculiar.

Galego

Fábrica de feitizos

Benvidos e benvidas ó lugar de transformación dos procesos imaxinativos: á “Fábrica de Feitizos”.

Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos, das situacións inesperadas, do humor e da participación do público, apoiada en todo tipo de trebellos para narrar as surrealistas aventuras e desventuras dunha ilusionista.

Ilusións cargadas de momentos imprevisíbeis, nun espectáculo para experimentar sensacións fascinantes.

Galego

Concerto en formato dúo de Sr. Jingles

Actitude, Compromiso e Rock&Roll son palabras que definen perfectamente a Sr. Jingles, a Banda liderada por Ramiro Núñez, Cantante, Músico e compositor nado en 1983, no Barco de Valdeorras (Ourense).

Con influencias de primeiras figuras nacionais do Rock clásico como Carlos Tarque, M-Clan ou da escena Indie como Vetusta Morla, Sr. Jingles dispara un Rock contundente, cheo de enerxía, con bos riffs de guitarra e letras cargadas de significado.

Galego

Contos para escoitar mentres bailamos un vals

NESTE ESPECTÁCULO PRESÉNTASENOS A UN DOS MEIRANDES GRANDES DIRECTORES DE ORQUESTRA DO MUNDO. DENDE O SEU HÁBITAT NATURAL (O ESCENARIO) CONTARANOS A HISTORIA DE COMO UNHA DAS INTEGRANTES DA SÚA ORQUESTRA (SABELA) CHEGOU A INTERESARSE POLA MÚSICA E DE QUE MANEIRA SOUBO CAL ERA O INSTRUMENTO MUSICAL QUE QUERÍA APRENDER A TOCAR.... O INSTRUMENTO QUE FACÍA A MÚSICA MÁIS BONITA DO MUNDO

Galego

Pepo Suevos

Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público. Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos. Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.

Galego

Gatuxo

 

 

Elenco: Magín Blanco: Voz e guitarra ,Jorge Juncal: Piano e acordeón, María Faltri: voz e percusións, Raquel Queizás: actriz

GATUXO é un espectáculo musico-teatral para bebés e familias, no que a parte musical, da man de Magín Blanco, Jorge Juncal e María Faltri se completa coa dramatización das cancións por parte de raquel Queizás, a través do teatro, a manipulación de obxectos, o clown, o claqué....e todo esto saíndo de dentro dunha caixa.....

Galego

Shukran

Despois de máis de 20 anos realizando actuacións por diferentes escenarios e prazas, chegou o momento de agradecer a enorme felicidade que sentimos cada vez que actuamos. A nosa mellor tarxeta de presentación son os centos de clientes satisfeitos, as miles de actuacións realizadas, o boca a boca e a profesionalidade que caracteriza á nosa compañía. Paixón, dedicación, proximidade e por suposto, un traballo por tentar ser sempre un pouco mellor son os alicerces nos que nos baseamos desde que comezou a nosa aventura no marabilloso mundo do espectáculo.

Galego

Punkdemia. Novo espectáculo viral

Pankdemia é a nova proposta da compañía Peter Punk Pallaso, un espectáculo que nace durante a corentena vivida nos últimos meses. Unha visión particar dos novos tempos que nos toca vivir da man de Peter Punk Pallaso. Novas rutinas,EPIs, equilibrios, e moitas risas. 

Un novo espectáculo xa que xa está en desescalada... Próximamente nas rúas!

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño