Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Tralalareira

TRALALAREIRA é un espectáculo de narración oral, humor, viño e música para público adulto.

Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os d´Abaixo...) ao acordeón.

Que pode sair mal durante unha hora de contos a mesa posta, con algo de viño, brindes e risas? Un espectáculo a pedir de boca, para padais finos e gorxas cantareiras, todo o que se escoitaba tras dunha lareira..

Galego

Concerto

Galifunk ten como finalidade formar parte da cultura musical do país, dando un punto de vista diferente ao estilo de música ao que se soe asociar a súa formación instrumental, apostando sempre polo bo gusto e por sorprender con temas que nunca se esperarían dunha agrupación destas características, ofrecendo un espectáculo moi variado, inteprertando temas onde predomina a improvisación, ritmos pegadizos, a virtuosidade e incluso pequenas incursións ao rap.

Galego

Camiño do imposible

“Camiño do imposible” é un obradoiro de maxia para todos os públicos deseñado pola compañía Magia en la Manga no que aprenderemos sinxelos pero abraiantes trucos de maxia, todos eles ambientados en lendas, mitos e historias da tradición oral e literaria de Galicia, especialmente centradas arredor do Camiño Portugués.

Galego

Solsticio de verán

"Solsticio de verán" é o novo traballo de Ith. Caracterízase por unha composición e produción renovada, produto dunha evolución natural da propia banda. Como nos traballos anteriores, todos os temas están compostos en galego e polos membros de Ith, conservando un marcado carácter enérxico dentro do rock.

Galego

Na beira

Os instrumentos de percusión empregados por Pelepau nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais galegos, destacando os que antano eran utensilios da vida cotián como as culleres, tixolas, botellas de anís, morteros, etc, para deste xeito, recuperar e potenciar a riqueza da instrumentación galega.

Tralo éxito do seu primeiro traballo, "Fío e Agulla", chegan cinco anos despois con "Na Beira" (xullo 2020), nacido do paralelismo entre a diferenza de culturas coa que convivimos e o mesmo mar que nos viu crecer e nos mantivo sempre nun espírito libre, nace "Na Beira".

Galego

Un soño é

Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil  que nace no ano 2014 e está formada por  Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando! .

Ten o  obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito  atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

Galego

Rockeando coa Ramona Pequena

“Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.  Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público. 

Galego

Forzu2

O humor e o absurdo son os fíos cos que se corcose a trama dun espectáculo de dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo son palabas que poden aparecer en calquera momento. Mais estes dous artistas saben saír co seu talento de calquera situación adversa.

Galego

Oh-Pera!

OH-PERA

Un show de Circo contemporáneo, para todos os públicos. Mezcla de teatro, humor e circo, onde o realismo síntese nas técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa, única e nunca vista. Un show innovador, que achega ao público a unha dramaturgia onde os personaxes atravesan situacións realmente divertidas, complexas e que lles leva a un remuiño de emocións que o público vivirá como súas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño