A danza dos paxaros
Espectáculo de teatro.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Espectáculo de teatro.
Pepe Piña ,fundador, compoñente e compositor do grupo "Clave de Fado" non seu último proxecto, comeza en solitario tocando en pubs en Santiago. Posteriormente funda "Semen Up" con Alberto Comesaña e varios músicos de Lugo, entre eles Tino López e Jorge del Rio. Máis tarde, en Lugo, con Chiruca, Antón Campelo, Ezequiel Orol, Quique Magán e Javi Castro reflota ou grupo lucense "O Carro", engadindo cancións propias ao mesmo. En Vigo forma con Alfonso Branco e Emilio Huete ou grupo "Triceratops" e despois tamén con Alfonso Branco e con Paco Dicenta e Pablo Carreira forman "Haceros del Norte".
Tom e Son xa chegaron e non se irán ata que a xenta vexa o seu espectáculo e morra de risa e queden asombrados con xogos de malabares e coas súas acrobacias imposibles. E se algún ten algunha dúbida quedará convencido cos seus xogos de maxia. Tom e Son seguen colleirtando aplausos ala por onde vaian.
Dúo de arpa e corda pulsada no que a música tradicional galega xogará o papel protagonista. A arpa brincará co bouzouki a guitarra acústica ou a mandolina armonizando mentres interpretan algunhas das nosas mais fermosas melodías. Coa mirada posta na música popular e actual e un punto de vista moderno e innovador, en consonancia co folk europeo.
ANACOS (Historias vividas, escoitadas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá).
Airiños da Freba é un sexteto de música tradicional con máis dunha década de historia e cun repertorio orixinal, baseado en recollidas propias e investigacións, co fin de aportar frescura a quen o escoita, pero tamén transmitir a sensación de que aínda queda moito por descubrir do noso inmenso patrimonio musical.
Maxia para Soñar ...
É un espectáculo sorprendente para gozar en Familia, onde o Ilusionista " Mago Marco": Propón unha viaxe de soños envolvidas nun misterio.
A Proposta do " Mago Marco" é a maxia clasica adaptada aos nosos tempos con aparicions, desaparicions, levitacions imposibles...
E o mais Importante deste espectáculo e unha maxia interactiva en que o publico é o grande protagonista.
Nesta peza podemos ver como as sombras chinescas e a narracón oral complementanse para enfeitizar os nosos bebés.
Que xunto as persoaxes do contos insinaranos o importante que e ter un bo amigo.
Abonda de historias de lobos feroces...É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!
O lobo feliz é un contacontos musicado basado no conto do mesmo nome, e contado polo seu protagonista (interpretado polo autor, Miguel Guido).
Un contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia!
Un brillante día de sol chega á praza un vendedor de xelados co seu carriño-bici para endulzar os paladares e sacar un sorriso aos que alí viven. Pero este non será un día como outros... Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xelados. O tempo apremia e ten que arranxalo antes de que o sol nos deixe sen frescos doces. "Don Gelati" é un esoectáculo de maxia teatral que pola súa tematica resulta perfecto para representarse na rúa ademais dos teatros.