Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Circando

Circando parte da idea dos circos en ruta para ofrecernos unha proposta de variedades única. Abrindo esta dinámica a todas as disciplinas, como sempre foi norma no mundo circense, unimos as rutinas e números máis destacados de cada momento nunha velada única.

Traemos unha proposta ateigada de humor, acrobacias, maxia e sorpresas cun fío condutor que imos adaptando a cada ocasión e espazo.

Galego

O traxe novo do rei

"O traxe novo do rei" é unha adaptación do conto de Hans Christian Andersen.

Un traxe especial, para un rei especial. 

Aquel traxe novo e máxico prometía ser 

un capricho inigualable, e unha 

ferramenta perfecta para saber o nivel 

de intelixencia de calquera habitante 

da corte; pero...podería ser certo?, 

funcionaría?. Dalgún xeito si, pero 

non como el o esperaba. 

Galego

Con-certo ritmo

Pepe Piña ,fundador, compoñente e compositor do grupo "Clave de Fado" non seu último proxecto, comeza en solitario tocando en pubs en Santiago. Posteriormente funda "Semen Up" con Alberto Comesaña e varios músicos de Lugo, entre eles Tino López e Jorge del Rio. Máis tarde, en Lugo, con Chiruca, Antón Campelo, Ezequiel Orol, Quique Magán e Javi Castro reflota ou grupo lucense "O Carro", engadindo cancións propias ao mesmo. En Vigo forma con Alfonso Branco e Emilio Huete ou grupo "Triceratops" e despois tamén con Alfonso Branco e con Paco Dicenta e Pablo Carreira forman "Haceros del Norte".

Galego

Con Tom e Son

Tom e Son xa chegaron e non se irán ata que a xenta vexa o seu espectáculo e morra de risa e queden asombrados con xogos de malabares e coas súas acrobacias imposibles. E se algún ten algunha dúbida quedará convencido cos seus xogos de maxia. Tom e Son seguen colleirtando aplausos ala por onde vaian.

Galego

Tal como as nubes

Dúo de arpa e corda pulsada no que a música tradicional galega xogará o papel protagonista. A arpa brincará co bouzouki a guitarra acústica ou a mandolina armonizando mentres interpretan algunhas das nosas mais fermosas melodías. Coa mirada posta na música popular e actual e un punto de vista moderno e innovador, en consonancia co folk europeo.

Galego

Concerto

Airiños da Freba é un sexteto de música tradicional con máis dunha década de historia e cun repertorio orixinal, baseado en recollidas propias e investigacións, co fin de aportar frescura a quen o escoita, pero tamén transmitir a sensación de que aínda queda moito por descubrir do noso inmenso patrimonio musical. 

Galego

Maxia para soñar

Maxia para Soñar ...

É un espectáculo sorprendente para gozar en Familia, onde o Ilusionista " Mago Marco": Propón unha viaxe de soños envolvidas nun misterio.

A Proposta do " Mago Marco" é a maxia clasica adaptada aos nosos tempos con aparicions, desaparicions, levitacions imposibles...

E o mais Importante deste espectáculo e unha maxia interactiva en que o publico é o grande protagonista.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño