Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Uxía lambona e a banda molona

Cantante-animadora: Laura de Gabriel

Músicos: Sergio Rodríguez, Diego Roca, Fernando Moure, Jorge Muñoz, Diego Martínez

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos e nenas presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!

 

Galego

Unhas gafas como as do avó

Laura é unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ao seu xogo favorito: soñar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos afastados inimaxinables construídos desde a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó; como se verá a través delas? O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por convertirse na maior de todas as aventuras.

Galego

Unha terra chea

“Unha Terra chea” trata de ensinar a riqueza cultural que existe en Galiza. Axudado de diferentes instrumentos, xogos e outros recursos facemos una pequena viaxe a través das cancións, contos, poesías e ditos populares do noso país.

E é que a nosa Galiza é un país cheo, cheíño de contos, de música, de lendas e poesía, cheo de historias e maxia, de disques e ditos…

A idea, polo tanto é achegar ós máis pequenos á nosa cultura e tradición dunha maneira didáctica e divertida.

Galego

Unha parada máxica

Unha parada máxica é un espectáculo de maxia onde o xoven ilusionista galego Dani Polo fai unha parada no seu percorrido para ofrecer unha maxia moi especial. Efectos sorprendentes mesturados con comedia, música e participación do público.

Unha proposta perfecta para realizar esa "parada" tan necesaria nas nosas vidas e gozar durante unha hora do mundo da ilusión, onde todo é posible e que ben seguro fai que ata o máis incrédulo fique sorprendido.

Dani Polo:

- Premio Nacional de Maxia.

- Mencións especiais en Latinoamérica, Francia e Italia.

Galego

Un verso, un cantar

Elenco: Bruxo Queiman (actor), Andrea Pousa (cantante) e tres músicos

Un verso, un cantar nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplio abano de sensacións.

Galego

Ula e Mon concerto a cargo de Monoulius Dop

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Onde está e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociais pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os anima a montar este proxecto. Un animado concerto en formato dúo acústico onde o humor é o elemento protagonista.

Galego

Pasarrúas a cargo de Latexo Percusión

Latexo é son. Latexo é movemento. Latexo é unha explosión de ritmo e enerxía. O espectáculo de Latexo combina o visual da danza cos arranxos musicais de creación propia baseados na tradición dos Blocos Afro de Salvador de Bahía. Latexo aporta a súa propia visión do estilo, matizándoo a través de influencias que van dende a percusión mandinga ou a música galega ata a percusión contemporánea. 

Os ritmos magnéticos de Latexo buscan a éxtase, nunha natural combinación entre as frecuencias dos diferentes instrumentos do ensamble.

Galego

Tin

Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de maxia, de humor, de clown, de inxenio. Onde nos podemso adentrar na mente dun coleccionista de chatarra, para descubir como pensa que que usos lle pode dar a cousas que habitualmente non lle damos valor. É un espectáculo inventivo, onde a maxia muda de estética, de ritmo ou de motivación para sorprender co imposible.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño