A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Nesta peza Olga Abad querenos agasallar con unha chea de razoamentos, lembrazas e comparacións, entre os tempos de agora e os tempos de antes. Nesta epoca no que todo caduca a velociadede dun lostrego e ben sinxelo que os elementos culturais queden obsoletos en poucos anos. Podemos facer mofa de todo.
Coreos e xogos musicais mesturados con números de clown, circo e malabares con lume farán que pequenos, e o pequeno que todo maior leva dentro, salten, bailen e rían como nunca. En calquera sala ou espazo que visite este espectáculo participativo o público gozará dende as máis coñecidas cancións infantís ata a música máis actual.
Sinopse:Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.
Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.
Máis de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.
Antes é Mellor é unha comedia de rúa para un showman e un Seat 600, un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico na movilidade cobra vida e terminará por conducir sen conductor nunha rutina musical e circense que pode levarlles a Eurovisión.
En residencia no Circ Cric este espectáculo estreouse en Umore Azoka, tendo pasado ademáis por outros festivais e eventos importantes como FETÉN, Fira del Circ de La Bisbal, Fitec de Getafe, Enclave de Calle...
Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda...Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre.
Cantos diferentes estilos de música pódense abordar cunha mesma formación de tres instrumentos?
O grupo formado por Vadim, Mauricio e Alfredo respóndenolo a través do seu acordeón, a súa guitarra e o seu clarinete, levándonos polos camiños da música clásica, bandas sonoras, o folk galego e europeo en xeral, o jazz e o pop.
ESPECTÁCULO ITINERANTE NO QUE ESTE CIRCO AMBULANTE PERCORRERÁ AS PRINCIPAIS RÚAS DA VILA, NUNHA INTERACCIÓN CONSTANTE CO PÚBLICO,MÚSICA, RITMO, HUMOR E MOITA DIVERSIÓN.
Nas tebras da noite agóchanse seres descoñecidos, deambulan sen rumbo alimentándose da enerxía da escuridade.
Baixo o universo das sombras agardan o seu momento para facerse ver, confundindo os nosos sentidos, apoderándose do tempo para xurdir entre a néboa coa sua demencia, delirio e caos infinito, amosando o gran poder que lles da a escuridade.
Baux, personaxe zancudo que guía entre as sombras os seus súbditos.
Blame, dende o seu trono, xenera o ambiente de caos a través da percusión e os seus temas de estilo hardcore.
O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. PAJARITO é a número un, e a número dous tamén... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!