Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

2 Ilusionistas XENUÍN@S

Unha romaría de maxia, onde A Maga Fani e Martín Camiña conducirán unha cadea de acontecementos dende outra dimensión.

 

Ilusións surrealistas e sorprendentes para non deixar de escaravellar a testa, sachar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo. Asemade, sementaremos os alicerces da grande pregunta da humanidade:

é posíbel atopar un programa cultural na televisión?

 

Porén, este acto escénico é unha malleira de información abraiante, que precisa do pulo da concorrencia.

Galego

Vértigo

En Vértigo de Hitchckok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judi. E elas o enchen todo.
Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña da espesa arboreda feminina do filme, maduro bosque de sekoyas.
Na parede, no muro ou no precipicio, a compañía Pistacatro da man das Duelirium trata de evocar unha atmósfera dura, reptil, percorrer o trasunto que vai da unha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo.

Galego

Arrolando as frores

..."Cando lle preguntaron na escola cantos irmáns eran ela dixo que cinco irmáns, dous alborotos e un geranio''

O resto da historia soubena despois pola súa sobriña, que deu permiso xunto coa familia para falar de O Señorito, que foi o nome que lle deron ao geranio...

*Arrolando as frores'' é unha nova sesión de narración oral e música para público adulto da man e voz de Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Falaremos do aborto, cantaremos a Marica Campo, revisaremos os contos colorados, namoraremos das flores e  transplantaremos a alegría.

Galego

Arrevedeci Roma

Nesta peza Olga Abad querenos agasallar con unha chea de razoamentos, lembrazas e comparacións, entre os tempos de agora e os tempos de antes. Nesta epoca no que todo caduca a velociadede dun lostrego e ben sinxelo que os elementos culturais queden obsoletos en poucos anos. Podemos facer mofa de todo.

Galego

Peque disco Moc Moc

Coreos e xogos musicais mesturados con números de clown, circo e malabares con lume farán que pequenos, e o pequeno que todo maior leva dentro, salten, bailen e rían como nunca. En calquera sala ou espazo que visite este espectáculo participativo o público gozará dende as máis coñecidas cancións infantís ata a música máis actual.

Galego

As Alumnas

Sinopse: Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres.  Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu  a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A  través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

Galego

Cachi-Mobil

Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.

Máis de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.

 

 

Galego

Antes é Mellor

Antes é Mellor é unha comedia de rúa para un showman e un Seat 600, un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico na movilidade cobra vida e terminará por conducir sen conductor nunha rutina musical e circense que pode levarlles a Eurovisión.

En residencia no Circ Cric este espectáculo estreouse en Umore Azoka, tendo pasado ademáis por outros festivais e eventos importantes como FETÉN, Fira del Circ de La Bisbal, Fitec de Getafe, Enclave de Calle...

Galego

Rilla Rilla

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda...Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño