A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público á figura e a á creación de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde.
Da man de Vero Rilo, narradora oral, Nuria Vil, resitadora, e Mónica de Nut, música, o legado e a voz de Villalta volven ao escenario.
TRALALAREIRA é un espectáculo de narración oral, humor, viño e música para público adulto.
Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os d´Abaixo...) ao acordeón.
Que pode sair mal durante unha hora de contos a mesa posta, con algo de viño, brindes e risas? Un espectáculo a pedir de boca, para padais finos e gorxas cantareiras, todo o que se escoitaba tras dunha lareira..
AS FAMES CONTADAS é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral.
O tema central é a fame, incluíndo non só a fame de comer se non outro tipo de fames que tamén temos os seres humanos.
Comeza en torno á comida que se fai nunha casa para celebrar a festa. O feito de xuntarse á mesa provoca que se conten historias e sempre unas van levando a outras. Así van saíndo as fames: de comer, de cariño, de aprender, de cartos… fames que dunha maneira ou outra temos que saciar.
Ángeles Goás e Caxoto son irmáns nisto dos contos e, por iso, cando se xuntan enriba dun escenario escoitalos é coma estar na casa.
Xuntos van desgranando unha función de contos co ritmo, o tono e a retranca dunha dobre sobremesa no día da festa. Sen deixar títere con cabeza, contando traxedias e comedias por igual... nese máxico momento entre cafés de pota, licores o o último anaco de milfollas que hai que comer... que non o imos deixar perder!
O MEDO É LIBRE é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral.
Trata a temática do medo, unha emoción coñecida por todos por ternos atopado con el nalgún momento da nosa vida.
Os contos recollidos nesta sesión son historias de vida que nos falan dos medos que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan. Aínda así eles non teñen a última palabra, porque o medo é libre, si..., pero nós podemos decidir que grao de liberdade queremos darlle.
Cris, galega e branca coma o leite, é narradora oral.
Amor, cubana e negra como o café, é música profesional e
escritora ocasional.
Cris conta contos, algúns deles escritos por Amor, quen
ademais acompaña á narración con notas musicais, unhas
brancas e outras negras.
Amor e Cris xúntase para parir o espectáculo de narración
oral e música en directo “Ida e volta”.
Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no
tempo a través de historias de migracións, sabedoras da
Unha obra de pequeno formato moi estimulante. na que bebés e familias se mergullan nun espazo acolledor, seguro e propicio para desfrutar do paso das estacións, iniciando nunha primavera na que podemos observar e sentir o reino vexetal que comeza a medrar e un osiño que esperta, para despois pasar polo verán coa súa calidez e un mar que nos abraza, o ocre do outono e finalmente o frío inverno, onde o noso osiño se bota a durmir, descansando de todos os xogos e brincadeiras.
Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora quere ir a Marte!
Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte.
Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.
“Magic Mateo Show” é un espectáculo de maxia familiar que busca tocar todas as ramas da arte do ilusionismo. Mestura maxia, humor e participación do público. Un espectáculo para gozar en familia e pasar momentos cheos de ilusión da man dun dos ilusionistas máis novos do panorama máxico galego.
Un torpe artista itinerante fai a súa tola entrada na vila. Todo vai a pior cando o seu axudante non aparece. Erros, triunfos frustrados, material improvisado para sacar adiante o espectáculo: unha vasoira que cobra vida, un monstro no medio do público con chapuzón na auga incluído... e ó final resulta que o espectáculo non era nesa vila!
Clown, malabares, equilibrios e lume son o resultado dun espectáculo no que prima a participación e interacción co público no que este devandito personaxe terá que amañarse para sair victorioso e bulir a fume de carozo para a vila correcta.