A gran sementeira
Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores convirten cada festival ou verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores convirten cada festival ou verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo.
Unha proposta multidisciplinar onde a maxia, o clown, o circo e o humor se fusionan para ofrecer un espectáculo único conxugando a arte e a retranca galega. Alguén quere deixar de rir?
FICHA ARTÍSTICA
Autoría, dirección e escenografía: Especialistas Hípica Celta
Deseño sonoro, iluminación e música: Odaiko
Vestiario e coreografía: Especialistas Hípica Celta
Elenco artístico: Miguel Aparicio (presentador), Mago Demi, Isla Letrisca, Alberto Gómez, Pepe, Juan Collazo
Unha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor BRUXO e da súa meiga, que invocarán aos Deuses Celtas a través de lume, música e a forza escénica, onde se mestura a tradicional queimada coas novas tendencias escénicas. Conservando en todo momento a exaltación da nosa terra galega a través dos bruxos e bruxas, da Santa Compaña e da Queimada. Os actores interactúan co público facéndoo partícipe do espectáculo.
FICHA ARTÍSTICA
Autoría dirección e escenografía: Especialistas Hípica Celta
Deseño sonoro e iluminación: Isgal de Eventos
A emocionante historia de Nube e Alex conta a historia de Álex e da súa amiga Nube, unha nube moi especial que non sabe chover. Xuntos descubren as emocións que isto lle provoca, e aprenden trucos sobre como xestionalas e expresalas sanamente. Durante o espectáculo, os nenos e nenas non só participan, senón que tamén crean parte da historia, elixindo o rumbo das aventuras e compartindo as súas propias emocións para axudar a Nube a entender o que sente. Un show tenro, divertido e participativo, que invita a familias e peques a compartir e falar das emocións con naturalidade.
Mari Gésta, é un personaxe inspirado en Mary Poppins. AS súas estravagancias fan rir ás crianzas, mais tamén ás maiores. Vive no monte, adora os toxos e as xestas e posúe unha maxia especial que a leva a sacar cousas máxicas da súa sacola. Un espectáculo a medio camiño entre o musical e o contacontos, tinguido de seres marabillosos que acompaña a esta peculiar muller.
FICHA ARTÍSTICA
Autoría e dirección e adaptación: Cristina Collazo
Deseño sonoro e música: Manuel Paino
A Banda no Rock é un concerto didáctico onde se conta a famosa historia de PINCHO e PÚA. Pertencer a un colectivo que comparte as túas paixóns é unha gran rede de apoio. PINCHO, non está a pasar por un bo momento, mais grazas ás amigas, ao grupo e á música, vai superar todas as adversidades ou polo menos levalas mellor.
Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, número de maxia, moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.
Un espectáculo con equilibrios, acrobacias aéreas variadas, música ao vivo e un sinfín de habilidades dunha das acróbatas máis establecidas de Galicia.
Sue Moreno presentános unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta flotando no aire... Canto tempo máis pode ser trapecista?
5.0 fala de cambios, de premenopausia, de transformación, de envellecemento... pero sobre todo fala de facelo con amor e con moito humor.
Ficha artística
Dirección: Gonçalo Guerreiro
Elenco: Sue Moreno
Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os distintos camiños da memoria e da imaxinación. Tende a perderse e a reatoparse, sempre coa axuda do público. Os seus espectáculos pertencen a un movedizo mundo escénico que foi definida de distintas maneiras. Teatro da palabra, narración oral escénica ou literatura ao vivo, foron alguns dos xeitos de designalo. É un espectáculo mestizo entre o conto de lareira, o cabaret literario e o teatro épico.
Un par de ilusionistas, con moito aquel, achegan unha escolma de actos desaxeitados con mollo de risadas.
Un espectáculo que non hai por onde collelo, xa que logo, non posúe angas por ningures: unha peza escénica, asimétrica e inadaptada para estes tempos, xunto a gargalladas e diversións anómalas, nunha nova antoloxía de enguedellos.
Ficha artística
Autoría: Maga Fani
Dirección: Maga Fani e Martín Camiña
Escenografía: Producións Herméticas