Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Concerto

Camiño Branco é o novo espectáculo de Sheila Patricia. Inspirado nos versos de Rosalía de Castro. Facendo unha simbiose co Camiño de Santiago, Sheila Patricia fai un percorrido por diferentes espazos máxicos galegos, así coma diferentes épocas da nosa terra, as profesións máis característica e o papel da muller na sociedade galega, especialmente rural.

Sheila Patricia, a voz da nova canción de autora en Galicia, integra os ritmos e sons máis actuáis, coa música do acervo cultural galego.

Galego

Concerto

Somos Martin Human, unha banda formada orixinalmente polo cantante Martín, Richi manexando o baixo e marcos marcando o tempo coa batería. Todos bebemos moito da música dos 90 e dos 2000, e o noso estilo ten influencias do rock americano, o grunge e o country. A finais do ano 2022 sacamos o noso primeiro EP Anomaly, este disco reflexa experiencias pasadas e vivencias en diferentes momentos da vida. Foi o noso primeiro traballo totalmente autoproducido co que puidemos investigar e sacar un son crú, con soamente os elementos que utilizamos nos nosos concertos en directo.

Galego

Lingoreteira

Esa é unha lingoreteira- dicían. O que non sabían era que grazas a ela algunhas das historias que vos imos contar chegaron ata hoxe. Esta sesión de contos é unha homenaxe á lingoreteira que hai en nós, a esa parte nosa que permite que a palabra e a oralidade non morran de todo. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer! Lingoreteira é un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreque. En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar por novos vieiros a partir da música e a palabra.

Galego

Flash and borther

“FLASH & BORTHER MAGIC SHOW“ é un espectáculo de Humor e Maxia, en clave de clown.

”Flash & Borther Magic Show” pretende sorprender ao público revelando a relación de Mago e Partener, conseguindo que o rol desta última, adquira a importancia que nunca tivo, como normalmente sucede na maioría dos espectáculos de Maxia que estamos afeitas e afeitos ver. Exponnos que Mago e Partener son un equipo e que ambos son imprescindibles para que a Maxia se leve a cabo.

Galego

Crunch!

Onde están cando se lles necesita?

É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Galego

Ecoralia canta, conta e debuxa

Nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia. Sempre vestía da cor do musgo e levaba unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia era unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas. Pero ela non era coma as demais.

Galego

A Organeta

A Organeta é un divertido e bonito órgano de Barbaria dos anos 60” que toca música de todo o mundo, swing, forró, rock, folk con percusión autómata e motorizado, restaurado por Pulpiño Viascón, un carriño musical con máquina de pompas e luces led cheo de instrumentos máxicos, serrucho musical, trikitixa, etc. Por onde pasa leva a ledícia e fai sorrir ao público presente, nunha experiencia inesquecíbel.

Galego

A Pita Xefa

Unha pequena pita, cun soño pode facer moitas cousas. Salto de lonxitude, bailar claqué...Pero sobre todo pode conseguir o máis importante: mudar as cousas do galiñeiro.

Galego

Somos a Pedra

A banda folk Os d'Abaixo, formada no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca, entre outros. O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era na realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade. Pero a aceptación foi tal, que comezaron a xirar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño