Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Picadiscos María Faltri

María Faltri propón un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo, e ao longo de 60 minutos, María brindará aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil en galego para que non deixen de cantar e bailar.

Galego

Eh, Sabina!

Eh Sabina! nace da aclamación popular, da devoción pola música do gran Joaquín Sabina, da necesidade das súas cancións e das emocións que producen en nós, xeración tras xeración.

A admiración e respeto ás cancións do mestre conseguiron xuntar os mellores músicos do país, dando como resultado un espectáculo excepcional e sobresaínte que non deixa indiferente a ninguén, unha aposta segura.

Galego

Donas do lugar

A través da historia de varias mulleres coñeceremos as pequenas revoltas que se deron nas súas vidas e que cambiaron o camiño das donas nas aldeas, e prepararon o camiño para o futuro, para nós. Historias duras e bonitas, cheas de humor e retranca que nos deixan con gana de seguir dando a batalla.

Galego

Don Gelati

Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados, co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso á veciñanza. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e cunha chea de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza e cun entrañable personaxe, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras, e onde a comunicación co público é constante e dinámica.

Galego

Din de min

O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que representa a riqueza cultural que ten Galiza.

A agrupación folk ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible por tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras.

A maior parte dos temas que interpretan están compostos por eles mesmos e combínano con xotas, muiñeiras, pasacorredoiras, polcas, marchas ou maneos do repertorio tradicional.

Galego

De Vilatriste a Vilalegre

Trepas é o alcume dun habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar á vila das fauces dun malvado dirixente. Xunto a unha inusual superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará? 

De Vilatriste a Vilalegre é unha divertidísima creación de Teatro ó Cubo con monicreques e actores, para pequenas e maiores froito dunha coprodución co Centro Dramático Galego con moitvo do seu 40 aniversario.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Roi Vidal

Dirección: Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño

Galego

Dance Join

Dance Join é unha proposta innovadora e interactiva que fusiona danza, clown e música, ideal para ser presentada en espazos non convencionais, salas, prazas, parques ou festivais de rúa. Un espectáculo que disolve as fronteiras entre artistas e espectadores, invitando ao público a formar parte activa dunha experiencia compartida.

Galego

Crunch 2!

Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. 

Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen un título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda frouxa, risos e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes e Spunk e Scrunch vánnolo demostrar.
 

Galego

Costureiriña bonita

COSTUREIRIÑA BONITA é un espectáculo que combina a maxia do xogo coa saudade dos tempos idos, un canto á muller galega modista, emigrada, que procurou nas feituras un xeito de facer a vida.

COSTUREIRIÑA BONITA é interxeracional, onde grandes e pequenas gozan da música, títeres e lendas, a través dunha participación activa. Ao ritmo frenético da máquina de coser prepáranse os traxes que serven de inspiración para deixar voar a imaxinación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño