Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Emilio Rúa

Emilio Rúa, músico e cantautor ourensán con trinta anos de bagaxe no mundo da música, un artista sensible cunha das voces máis destacadas no panorama musical galego cun traballo influenciado pola música folk galega e polo country e blues americanos e un repertorio que inclúe temas inéditos en galego e versións, tamén en galego, de temas como La chica de ayer (A moza de onte) e Somewhere over the rainbow (Nun lugar do Arco da vella).

Galego

Mekanika Rolling Band

A Mekanika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móbil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia.

Galego

Xilo y Carlos

Dúo musical cun extenso repertorio que adaptan en función do tipo de público sempre tratando de conectar e con capacidade de improvisación en función de cómo se desenvolva a actuación musical. Música dos anos 60, 70, 80 e 90 e tamén as últimas novidades musicais.

Galego

MU2

Unha formación de guitarra, baixo, voz e batería que ofrece un repertorio cos mellores éxitos de U2 nun espectáculo fiel ao son orixinal da banda.

Galego

Los Extraños Pasajeros

Banda formada por experimentados músicos profesionais que bebe do pop rock máis clásico e actual con influencias de Los Secretos, Rosendo, Burning, White Stripes… Ou máis actuais coma Arde Bogotá, Viva Suecia ou Black Keys, cun son limpo e compacto.

Galego

Terapia de Grupo

O seu amplo e variado repertorio está composto por música de diferentes épocas e estilos como son o pop español, rumba, latino, folk, irlandés ou música galega. Versións de temas de Los Rodríguez, Heredeiros, Caimán, Os Vacalouras, Loquillo, Joaquín Sabina, M-Clan, Melendi, Los Secretos, Fito y Fitipaldis, Estopa, Revolver e un amplo etc conforman un repertorio para todos os públicos de temas dos 80, 90 e actuais para todas as idades.

Galego

Martin Human 

Martin Human é unha banda formada actualmente polo cantante Martín, Juancho como guitarrista solista, Richi manexando o baixo e Álvaro marcando o tempo coa batería. Todos veñen de tocar estilos de música moi diferentes, pero xúntanse cunha visión inspirada en influencias do rock americano, o grunge e o country para este proxecto.

 

Galego

Filloas

Filloas é un artista da nova escena sonora galega, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte.

Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, saúde mental, as relacións persoais e a festa.

O seu útlimo álbum, Súbete ao EVA (2025), conforma unha obra que captura o espírito dunha xeración conectada e creativa.

Galego

Miguel Matamoro

O repertorio deste concerto a piano solo pon o foco sonoro nalgúns dos estilos predilectos do compositor: folclore, jazz e música clásica do primeiro terzo do S.XX, con figuras como Ravel, Rachmaninov, Stravinski, Prokófiev ou Mompou. É unha viaxe musical e autobiográfica por lugares recónditos no recordo, principalmente da contorna rural; un espectáculo a piano só que combina improvisacións e pezas escritas polo propio compositor.

Galego

Dr. Flaming

Dr. Flaming é un proxecto musical de versións en acústico fundado por Álvaro Vázquez, un músico veterano que percorreu múltiples escenarios con bandas como The pretty shirts, Castro y los escoltas ou Gold & Colt entre outras.

É un OneManBand, un só músico múltiples instrumentos. Un show clásico pero diferente cun repertorio de cancións que todos recoñecerán, pero que posiblemente terían esquecido. Esas que che fan dicir “Buaa ¿lémbraste desta?” Un show que apela a nostalxia e produce un efecto no público que os anima a cantar, bailar e divertirse.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño