Trópico de Grelos: Bloco Afro
O Bloco Afro é un dos espectáculos de rúa máis soados de Trópico de Grelos. Caracterízase por ritmos moi festivos e contundentes de Salvador de Bahía, adornados ademais con diversas coreografías. A frescura destes ritmos xunto coa actitude e destreza desta banda de percusionistas e a potente presencia da raíz africana, fan deste desfile musical unha auténtica festa que non deixará a ninguén indiferente.

