Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Royal

Un espectáculo de circo-danza, cargado de ritmo, humor, emoción e acrobacias, onde a linguaxe do corpo convértese na tinta dunha historia escrita no aire. ROYAL, é unha peza cómica que mestura ao clown poético de Arturo Cobas cos equilibrios en movemento e a danza de Paula Quintas. Unha fusión de glamour e enredos que farán rir a toda a familia.

Galego

Lume celta

Un espectáculo de circo e danza que utiliza o lume coma principal elemento xunto coa música e unha escenografía de lume que logran transportar ó espectador a outro tempo e lugar.

Antorchas, palms, coroas de lume, dragón staff, bastóns de lume, abanos, contact, danza, acrobacia, malabares, pirotecnia e escupelumes dan forma a este espectáculo ritual.

Galego

Un rei e outros animais

No país de Trasdacolá o rei Brancocú está namorado dun dos seus súbditos: o burro Careto. Todo transcorre con normalidade na corte ata que o rei promulga un novo Real Decreto: o burro Careto non pode morrer; se chegado o día iso sucedese, aquel ou aquela, encargado ou encargada, de dicir alto e claro que o burro Careto morreu, quedará sen cabeza. Falapouco, Falamoito e Micaela, coidadores do Careto, coa inestimable axuda da parella de alguacivís Zizeñor, veranse envoltos nunha serie de peripecias e aventuras co único obxectivo de salvar as suas cacholas…

Galego

Moby Dick

Moby Dick é unha proposta de teatro de rúa adaptable a sala para público familiar a partir de 4 anos. Un espectáculo de Pedras de cartón creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriterio Iker Pérez.
Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun barco no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.

Galego

Hocus Pocus

Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas. 

A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativo sque provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Galego

Galerock & Magic  

Como se podía continuar un espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como R&M? Non se pode. Só podemos mellorar isto dun xeito; facendo un novo volume coas nosas músicas, co rock e a música galegas que marcaron e marcan as nosas vidas.

Galego

Que anos aqueles…

Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou non.

Galego

O mundo máxico de Teto

O Mundo Máxico de Teto non é só un espectáculo de ilusionismo; é unha invitación a cruzar o limiar do cotián para entrar nun universo onde as leis da física se toman un descanso. Da man do Mago Teto, un dos ilusionistas máis carismáticos e veteranos de Galicia, o público embarcarase nunha aventura deseñada para espertar a capacidade de asombro de grandes e pequenos.

Galego

Historias para escagarriñarse

Tres cíngaros percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. Coincidindo co seu 20 aniversario, Teatro Ghazafelhos recupera un dos seus primeiros espectáculos de rúa. Co seu característico humor repasarán historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña... A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias para escagarriñarse. Un espectáculo cómico de rúa para todos os públicos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño