Bob Marley for babyes
Bob Marley for babies é a segunda parte da triloxía que La petita malumaluga iniciou co éxito internacional Bitels para bebés (concerto tributo a The Beatles). Catro bailarinas que cantan, ou catro cantantes que bailan, e unha violonchelista que interpretan sofisticados arranxos dos grandes temas de Bob Marley, unha das principais iconas culturais afroamericanas do século XX. Unha explosión de enerxía cantada e bailada, onde o público, situado no interior dunha escenografía inmersiva a 360 graos, é en todo momento o protagonista.

