Pulgarcita
Pulgarcita enfróntase ao trol Bunga Lunga nun espectáculo para toda a familia.
Elenco artístico
NANO RIVAS
UXÍA SUEVOS
Pulgarcita enfróntase ao trol Bunga Lunga nun espectáculo para toda a familia.
Elenco artístico
NANO RIVAS
UXÍA SUEVOS
ReVolta e unha revisión a historia da humanidade dende un punto de vista feminino en clave de comedia.
Elenco artístico:
Arantxa Treus
Rocío Romero
Álex Gayoso (Gayo)
Deixando atrás os perigos do seu pobo natal a familia Cotton diríxese á cidade en busca de novas vidas e oportunidades. Entre os tellados e as luces da cidade, entre as teas, os fíos e as máquinas das fábricas, a nai e as súas dúas fillas vivirán novas aventuras e perigos descoñecidos. Pero esta vez non están soas e lanzaranse con forza ao desexo de ser felices.
Volven as Noites de retranca a repartir risas e mais risas polo pais adiante.
Desta volta serán @s cómic@s que farán as delicias do respetable.
Un cartel único e irrepetible para celebrar os 14 anos de vida do show de humor por excelencia do pais.
Daniel Fez considérase un influencer regulinchi. No seu espectáculo poderedes escoitar de primeira man como é a súa vida de influencer. Como lle vai no amor a Daniel? Serviranlle os videotutoriales que se estudan?Sacará o caderno azul? Alguén de vos ten algún consello para el?
Poida que cometese un crime terrible. Pero a cuestión agora non é a súa culpabilidade, senón o seu estado mental. Non basta con declarala culpable. Ademais, debe quedar claro que é unha enferma, una demente. Ninguén durmirá tranquilo mentres pensemos que pode existir alguén así. De xeito que ela permanece encerrada para ser avaliada. Trátase dun centro moderno onde a profesionalidade é incuestionable. E o autor do seu diagnóstico é un psicólogo intelixente que non está disposto a deixarse levar. Pero ela é demasiado complexa e fascinante como para etiquetala.
GO HOME conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.
Todo comeza ao descubrir os textos e o activismo político dunha muller chamada Helen Keller, nacida en Tuscumbia (Alabama), que se converte nunha celebridade mundial ao ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard. A súa vida foi fixada na memoria colectiva como un exemplo de superación e a maioría dos seus escritos acabaron rescatados como simples aforismos motivacionais.
"Gracias por venir" é unha comedia que rende homenaxe á mellor cómica do século XX, nosa querida Lina Morgan.
Na axencia artística O Barco, dirixida por nosa Vedette Marian, que traerá da súa man a sensualidade, a picardía e un espléndido vestiario de plumas e abelorios. Ramy, a protagonista, faranos un despregamento de toda a súa faceta humorística nunha comedia de enredo onde verá perigar a súa relación de toda a vida.
O gran ourizo vive plácidamente, á sombra dun gran carballo, e coida dos seus, mentres goza do seu pedacito de mundo. Pero un día, esta paz verase perturbada, pola chegada dun esquío amable, travesa e juguetona. A súa convivencia non será fácil. Descubriremos un ourizo arisco e protector, e un esquío con ganas de saber e compartir.