Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Fazulas e o ladrón de paraugas

"Fazulas e o ladrón de paraugas" é o especta´culo baseado no exitoso libro "O ladr´pn de paraugas", de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel (Editorial Galaxia), que xa vai pola terceira edición tras un ano desde a súa estrea. O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa manóa por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fanta´stica aventura, collido da empuñadura dun paraugas.

Galego

Vida e milagres do zume de laranxa

Un monólogo caracterizado pola retranca galega posta na pel dun personaxe ó que lle pasan un cento de cousas, analiza a realidade actual e, como non, fala das relacións de parella.

Este monólogo de Tito Rober trata sobre as súas vivencias como rapaz Ourensán dende a súa infancia ata a actualidade e a influencia do zume en tódalas etapas transcendentais na vida dun home, contando sempre co apoio dunha nai incondicional preocupada polas vitaminas.

Galego

Coa palabra na boca

A través da palabra e a música de tradición oral percorreremos historias que falan da xente, do amor, da liberdade e da desobediencia, porque somos un pobo que discrepa e temos unha peculiar forma de enfrontrarnos á vida e á morte. Historias de disidencias cheas de heroínas que non existen nos libros e heroes sen nome. Historias de vida que beirean a morte e de mortos que volven a este mundo.

Galego

Enredadas

Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredadas enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.

Galego

Tres mulleres na escuridade

Celebramos o Día das Letras Galegas co espectáculo “Tres mulleres na escuridade” da man do Soledad Felloza e Irina Gruia. Tres mulleres pensan, senten, crean e recrean, interactúan, enlazan as súas vidas. Dende a súa obra, Luísa Villalta, do seu violín Irina Gruia, dende o escenario a voz de Sole Felloza. A escuridade énchese de palabras e melodías, nunha viaxe ao universo lúcido e comprometido dunha creadora singular, cada verso, texto, melodía é un paso, un xogo que deixa atrás as sombras.

Galego

Friends: The Musical Parody

Saga Producciones, en coprodución con Theatre Mogul e Iria Producciones, adapta por primeira vez en España a parodia musical que xa conquistou corazóns nas súas producións en Off Broadway, Reino Unido e Australia.
Unha celebración de Friends, dos seus personaxes emblemáticos e dos momentos máis incribles das 10 tempadas da serie.
Un espectáculo divertido e entrañable do que os fans namorarán e cativarán a todos os amantes do teatro.
 

Galego

Luisa Villalta, adagio

Está a piques de comezar o concerto “Luísa Villalta, Adagio!” O silencio do auditorio é tenso e expectante. Un estrafalario director de orquestra entra no escenario. Despois duns estranos aspaventos preparatorios disponse a iniciar a dirección da orquestra. Golpea coa batuta para indicar o inminente arranque do concerto, sinala o tempo con tres movementos precisos e ataca o inicio da obra musical... pero ninguén toca! No sitio da orquestra un público abraiado mira atentamento para o director...

Galego

O corazón na boca

O Salón Teatro acolle 'O corazón na boca', o proxecto de teatro comunitario que o Centro Dramático Galego desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Teatro (Fegatea) e a compañía Nauta Teatro, no marco do proxecto europeo Phōnē. O espectáculo conta coa dramaturxia de Nauta e dirección de Rafael Rey e nel participan trece actores e actrices membros dos diferentes grupos de teatro amador asociados á Fegatea. Os aderezos e vestiario desta peza realizáronse no marco da colaboración cos diferentes ciclos formativos do IES A Pinguela de Monforte.

Galego

O corazón na boca

O domingo 21 de abril ás 12:00 horas o Salón Teatro acolle a estrea de 'O corazón na boca', o proxecto de teatro comunitario que o Centro Dramático Galego desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Teatro (Fegatea) e a compañía Nauta Teatro, no marco do proxecto europeo Phōnē. O espectáculo conta coa dramaturxia de Nauta e dirección de Rafael Rey e nel participan trece actores e actrices membros dos diferentes grupos de teatro amador asociados á Fegatea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro